Skip to Content

Blogues

MATRÍCULA DO ALUMNADO NOVO

As datas para formalización son do 20 ao 30 de Xuño.

Con cita previa, en horario de 12.30 a 13.30 hs.

Debedes traer:

-Duas fotos tamaño carnet.

-Fotocopia do libro de familia.

-Fotocopia da tarxeta sanitaria.

-Impreso de matrícula cuberto(clicade aquí para obtelo).

 

 

PUBLICADO O CALENDARIO ESCOLAR PARA O VINDEIRO CURSO

Xa está publicado o calendario escolar, deixámosvos o enlace para que o podades consultar:

CALENDARIO ESCOLAR 2021-22

Celebramos que se manteña o período de adaptación para o alumnado de 3 anos, así respetaremos as necesidades dos nenos e nenas desas idades.

AVISO PARA AS FAMILIAS QUE PASADES A GALÁN

Para solicitar as axudas de materiais e libros de texto, consultade o seguinte enlace na sua páxina web:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipgalan/node/1612

O prazo remata o 22 de xuño!

RECORDATORIO IMPORTANTE PARA TODAS AS FAMILIAS

Como sabedes, xa rematou o estado de alarma aínda que continuamos en alerta sanitaria. Por tal motivo, pedímosvos que continuedes coas prevencións que vimos mantendo ao longo do curso.

Lembrarvos que, seguindo os protocolos vixentes no centro, tedes que abstervos de mandar ás nenas e nenos á escola se observades algún síntoma compatible coa COVID. Deste xeito, contribuiremos a evitar unha posible expansión do virus, mentres agardamos que a campaña de vacinación remate.

VOLVE NORA!! PROGRAMA R.E.A.D.

 

Durante o curso 2019-2020 levouse a cabo na escola o programa R.E.A.D. de lectura con cans, financiado pola obra social de Caixabank.  O programa quedou interrompido polo confinamento debido á pandemia. Durante o confinamento seguimos en contacto coa cadela Nora a través do blog da biblioteca grazas á súa coidadora Laura. Agora queremos retomar as sesións presenciais cunha sesión en maio e outra en xuño, dentro do horario lectivo.

Haberá algunhas diferencias con respecto ao curso pasado: a actividade realizarase no exterior, no patio cuberto, en pequenos grupos de convivencia estable. Os nenos e as nenas deberán levar máscara e terán que manter distancia de seguridade con respecto á cadela e a súa coidadora. Estas diferenzas non van alterar significativamente os principais obxectivos do programa:

  • Animación á lectura
  • Mellorar a capacidade de atención
  • Fomentar unha axeitada relación cos animais
  • Mellorar as habilidades de comunicación e o interese en contar a súa experiencia aos demais.
  • Incrementar o vocabulario das nenas e dos nenos.

As familias dos nenos e nenas que non estaban na escola o curso pasado deberán cumprimentar unha autorización para participar no programa.

Por favor contactade co equipo docente ante calquera dúbida sobre o programa e as actuacións que implican.

Mais información nos seguintes enlaces:

https://www.perrosyletras.com/

https://bibliorrodis.blogspot.com/2019/11/programa-perros-y-letras.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/04/dia-do-libro-confinado.html

https://bibliorrodis.blogspot.com/2020/05/nora-e-os-seus-amigos.html

 

VISITA Á HORTA

Grazas ao proxecto Voz Natura levamos uns meses traballando na horta da escola. Tamén estamos en proceso de realizar algunhas intervencións noutras zonas do patio. Podedes ver fotos e explicacións do que facemos nos blogues de aula, no de Audición e Linguaxe e no Instagram que temos enlazados no lateral dereito.

As familias que lles apeteza visitar a horta e zona de patio poderán entrar, coas medidas de seguridade vixentes, entre as 14:00 e as 15:00 horas nas vindeiras datas:

Aula 5 o martes 4 de maio

Aula 3 e 4 o martes 11 de maio

 

ESTUDO SOBRE A CONVIVENCIA NOS CENTROS EDUCATIVOS

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade está a realizar unha sondaxe para analizar o estado da convivencia nos centros educativos e segundo os resultados saber o que está funcionando e o que hai que mellorar nos mesmos.

Para saber o que está a suceder nos centros, pide a participación da comunidade educativa a través dunha enquisa.

Polas características do noso centro, a opinión solicitada é das docentes e a das familias.

Os nenos e as nenas van levar unha folla explicativa cun código para que participedes de xeito voluntario.

Envíase 1 enquisa por familia, non por alumno/a.

A enquisa é totalmente anónima. Os códigos están repartidos aleatoriamente.

O prazo para cubrir a enquisa remata o 29 de abril.

 

 

 

ADMISIÓN

Infórmase de que todas as solicitudes de praza de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-22 foron admitidas.

Os trámites de matrícula realizaranse do 20 ao 30 de Xuño do presente.

ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADO

Ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2021-2022.

PRAZO PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: Do 1 ao 22 de marzo.

Cada alumno/a presentará unha única solicitude na que pode solicitar praza nun máximo de 6 centros por orde de preferencia.

Os formularios de solicitude Modelo ED550B (Anexo II) están dispoñibles en galego e castelán.  Pódese acceder no enlace e cumprimentar online ou ser descargados e cubertos manualmente. Poderán tamén ser recollidos na secretaría da escola.

A entrega da solicitude e documentación pode facerse:

DOCUMENTACIÓN a presentar:

1.Solicitude , Modelo ED550B (Anexo II), cuberta e firmada. A solicitude poderá asinala calquera das persoas titulares da patria potestade, cando se refiran a fillas/os comúns dun matrimonio non separado legalmente nin divorciado ou dunha parella de feito debidamente inscrita no Rexistro de parellas de feito de Galicia. Nos demais casos requírese a sinatura das dúas persoas titulares, agás familias monoparentais ou en situación de violencia de xénero.

2.Fotocopia do DNI /NIE do alumno/a ou ben do libro de familia.

3. Para optar por unha praza de NEAE  achegarase documentación que acredite as circunstancias alegadas.

 

No caso de presentarse máis solicitudes que prazas vacantes abriríase un prazo de 10 días para a presentación voluntaria de outra documentación para baremar.

 

Prazas ofertadas

  • 4ºEI 3 ANOS: 22 PRAZAS DE ACCESO LIBRE E 3 PRAZAS PARA NEAES (necesidade específica de apoio educativo). Nenos e nenas nacidos no ano 2018
  • 5ºEI 4 ANOS: 20 PRAZAS. Nacidos no ano 2017
  • 6ºEI 5 ANOS: 14 PRAZAS. Nacidos no ano 2016

Ao remate do prazo as listaxes de admitidos e excluídos poderán consultarse na aplicación admisionalumnado co certificado digital ou Chave365 e estarán expostas no interior da escola.

Posteriormente realizarase a FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA do 20 ao 30 de Xuño de 2021.

Pódese consultar información detallada e a normativa correspondente a todo o proceso na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.gal/portal/familiasealumnado/escolarizacioneadmision

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición no teléfono da escola, 616466312, en horario lectivo e no correo electrónico eei.vilarrodis@edu.xunta.gal

As familias que desexen coñecer á escola poden solicitar unha cita por teléfono ou correo electrónico

 

PRAZO DE RESERVA DE PRAZA EN PRIMARIA NO CEIP DE GALÁN

Ábrese o proceso de reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

Aquelas familias que desexen que as súas fillas e fillos inicien os estudos de Ed. Primaria o vindeiro curso 2021/2022 no noso centro adscrito, CEIP de Galán, deberán realizar a reserva da praza cumprimentando unha solicitude. O prazo de reserva abrangue do 11 de xaneiro  ao 8 de febreiro.

As familias poderán utilizar unha das seguintes vías

Cumprimentar as solicitudes a través da plataformahttps://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
seguindo os seguintes pasos:  SOLICITUDES - RESERVA - CREAR.

Unha vez cuberta, deberase presentar no rexistro da EEI de Vilarrodís-Oseiro (centro educativo de orixe) ou ben fisicamente, presentando o documento impreso,  ou a través de calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común, incluíndose a SEDE ELECTRÓNICA (para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital)

Cumprimentar as solicitudes de xeito manual cubrindo e asinando os formularios que se achegan e entregándoos á titora.

 

Ante calquera dúbida consultade na escola.

 
Mais información e normativa aplicable no seguinte enlace:
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/32849

Distribuir contido


by Dr. Radut