Skip to Content

Blogues

PXA y PD 23-24

Material curso 23/24

Boas familias!

Compartimos con vós (documentos adxuntos) a listaxe do material coas correccións precisas.

Calquera dúbida aquí estamos!

Gracias pola colaboración.

Un saúdo.

As mestras

Información ANPA "O Loureiro"

Familias! Compartimos con vós información relativa a ANPA da escola. 

Deixamos adxuntos a inscrición na ANPA para o curso 23-24 e o documento de autorización de imaxes.

Se estades interesados en ser socios, completade os documentos e envialos por e-mail a: apa.oloureiro@hotmail.com.

Un saúdo!

Moitas gracias

 

VOLTA AO COLE! Curso 2023/2024

Formalización Matrícula

Todas as solicitudes de admisión presentadas no centro no procedemento ordinario foron admitidas. O prazo para a formalización da matrícula abrangue do 20 ao 30 de xuño de 2023 no seguinte horario:

 

 

- Martes 20 e Mércores 21 de xuño de 2023: de 11:30 a 12:30
- Do xoves 22 ao xoves 29 de xuño: de 9:30 a 12:00
- Venres 30 de xuño: de 9:30 a 10:30

 

Prégase respectar o horario e comunicarse coa escola previamente para concertar cita de xeito excepcional no caso de incompatibilidade xustificada.

 

Deberase presentar a seguinte documentación (que deberá vir xa cuberta para axilizar os trámites):

1. Impreso de formalización de matrícula AQUÍ

2. Dúas fotos carnet co nome escrito por detrás.

3. Fotocopia da tarxeta sanitaria

4. Fotocopia da cartilla de vacinas

5. Enquisa inicial AQUÍ

INFORMACIÓN DA ANPA: COMEDOR ESCOLAR 2023/24

Do 1 ó 30 de xuño do 2023 (incluídos) estará aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar no curso 2023-2024, para todo o alumnado do centro (xa matriculado e de nova incorporación). Número máximo de prazas 30.

Os impresos da solicitude de comedor (documentos adxuntos) tamén estarán dispoñibles no centro. As solicitudes se entregarán no e-mail da ANPA ( apa.oloureiro@hotmail.com ) ou presencialmente á directora do centro.

Do 15 ó 31 de Agosto (incluídos) estará aberto o prazo para inscribirse no comedor escolar. A ANPA enviará por e-mail os documentos necesarios para formalizar a inscripción. 

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN

 

Respecto do procedemento de admisión do alumnado, comunícase que o vindeiro curso 2023/2024 a escola vai dispoñer dunha aula máis de Educación Infantil. Deste xeito, todo o alumnado que solicitou praza no proceso ordinario de admisión está ADMITIDO.

 

 

VENRES 28/04 NON LECTIVO

Lembramos que o venres 28 de abril será NON lectivo, sendo un dos días seleccionados polo centro e aprobado en Consello Escolar. 

Cambio na entrada á escola

Previsiblemente á volta de Semana Santa (ou a semana seguinte á mesma) producirase un cambio na entrada de acceso á escola, pasando a ubicarse no lateral da cancela. Deixámosvos unha imaxe coa que esperamos poidades visualizar mellor o cambio.

Distribuir contido


by Dr. Radut