Skip to Content

Visitas

Miramos ao ceo co Planetario

 

O 28 DE XANEIRO chegou a nosa escola unha proposta que levábamos moito tempo esperando. O PLANETARIO, gracias a Iñigo, descubrims as estrelas, as contelacións, a vía lactea.

Vendo o gran entusiasmo que tivo nos nenos/as dende a biblioteca propuximos facer unha constelación.

Cada neno/as colocou as estrelas como quixo e despois con plastidecor branca creou a súa constelación. Algúns nenos/as foron capaces de porlle un nome.

Son un bo grupo de astronautas.¡¡¡¡¡

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Día da Paz cos avós e avoas

    Onte e hoxe tivemos unha visita online moi especial: os avós e avoas do Centro de Día de Maiores de Valadares e tamén do Centro de Día D'alba.

Xuntos celebramos o DÍA DA PAZ, e colaboramos do mural :

QUE CHOVA A PAZ dá escola.

Decoramos unhas gotiñas con palabras fermosas, agarimosas e bonitas, que choverán das nosas nubes.

Mirade que ben nos quedaron os murais.

     

 

 

 

Fixemos moitas cousas xuntas durante a conexión:

--- presentamos o tódolos nenos e nenas dá escola e coñecimos o nome dos avós e avoas

--- vimos o video da celebración do Día da Paz na nosa escola.

--- escoitamos o poema que nos recitou

--- os Canguros recitaron o poema "Plin Plin Clan"

--- os Koalas cantaron a canción " Inverno"

--- cantamos xuntos a canción : Ondiñas Veñen

--- Os Elefantes falaron cos avós

--- desfrutamos da canción do grupo de canto do Centro de Día

--- falamos das nosas cousiñas e das súas cousiñas

--- e sobre todo desfrutamos, aplaudimos e mandamos bicos .

      

 

      

 

       

 

 

        

 

 

 

 

Día da PAZ

 
 
DESPOIS DE ESCOITAR O CONTO FIXEMOS CADA NENO UN ELEFANTE GRIS PARA EXPRESAR QUE RESPETAMOS AS IDEAS E FORMAS DE PENSAR DE CADA QUEN E GÚSTANOS VIVIR EN PAZ E NON LOITAR.
 
 

A VIAXE DA AUGA

O venres 5 de novembro recibimos a visita dun científico que traballa na Universidade de Vigo e que viu a falarnos da auga e da súa importancia no entorno e nas nosas vidas.

 

 

Experimento científico:Líquido, Sólido e Gasoso

Para celebrar o Mes da Ciencia, tivemos na escola a experiencia de Kais Jacob, investigador marino que traballa na Universidade de Vigo.

O tema anual da escola é investigar sobre a auga, a nosa investigación de hoxe precisa da auga.

O primeiro é preparar bolas de xeo, collemos os globos enchemos de auga e dous días o conxelador.

 

      

 

 

 Observamos os tres estados da auga: sólido, líquido e gasoso.

 

 

Equipo de teatro

Que gañas tiñamos de ter na escola o Equipo de Teatro.

Algo están xa a preparar ... se queres participar podes vir os Martes pola tarde a partir das 16:00h.

 

DIA MÚSICA

1  de  OUTUBRO; DÍA INTERNACIONAL DA MÚSICA.

Grazas a nosa compañeira Goele, puidemos desfrutar da lectura dun conto acompañado ao piano.

O  libro escollido para a ocasión foi   OH! de HERVÉ TULLET que narra as aventuras de tres notiñas musicais; AZUL, VERMELLO, AMARELO.

 

 

 

 

 

 

Rematado o conto entre todos fixemos unha composición musical. A continuación poidedes escoitar o ben que o fixemos entre todo a escola.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut