Skip to Content

Visitas

Semana do Libro. Book day.

 
SEMANA DO LIBRO. BOOK DAY
 
 
Este ano non podemos ter de maneira presencial as visitas dos nosos compañeiros do CEP Igreva Valadares, nin do CEIPP Sobreira nin dos avós do Centro de Día , nin tampouco das familias...
Pero esta data é tan importante que a Fada do Alba, convenzeu ás vosas familias para que non contaron un conto, que fale de aventuras, percorridos, amores , batallas e de amizade.
Hoxe comezamos con estes tres:
O  carballo con botas
Roly Poly
Dog´s colourful day
 
O primeiro foi buscar os códigos QR agochados na escola , logo escanealo e despois desfrutar don conto.
                 
                      Podedes intentalo en casa.
 
 
                   Grazas e desfrutade das lecturas.
 
                                   ATA MAÑÁ
 
Generador de Códigos QR Codes
 
 
Generador de Códigos QR Codes
 
 
Generador de Códigos QR Codes

 

SESIÓN DE CONTACONTOS: U-la Lúa?

Grazas a subvención da ANPA da escola o grupo de teatro "A Xanela do Maxín" ofreceunos este espectáculo virtual de marionetas, poidendo así gozar desta actividade cultural, que tanto nos gusta, sen saír da escola. Que sorte! A gatiña Lúa non ten irmáns e a avoa non lle deixa saír fóra, mais ela soña con viaxar, coñecer novos lugares e ter amigas para xogar. 

Unha historia sobre a igualdade onde a violencia non ten cabida e a ilusión fai dos soños unha realidade. A representación incluía un par de exemplares do libro escrito por Celtia Figueiras, ilustrado por Marcelo P. Fernández, de Guindastre Edicións.

Visita ao Museo do Mar

Este curso por cousa da pandemia non podemos realizar as visitas en autobús que normalmente realizábamos ao longo do curso.

Pero moitas entidades abren as súas fiestras virtuais para nós. Koalas e Tigres entramos no Museo do Mar e acompañamos a Laura, a acuarista, mentres alimentaba aos animais mariños do acuario: sargos, pintos, pintarroas, centolos,....

 

        

 

Os canguros puideron desfrutar dos " Tesouros do mar", descubriron estrelas de mar , ovos de tiburón e ovos de manta... e quedamos moi abraidos cuns dentes do tiburón  tan grandes como a man da nosa mestra. Despois de descubrir esponxas e dentaduras de tiburóns tocou a quenda das preguntas.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

VISITA DAS AVOAS DO CENTRO DE DÍA DE VALLADARES. MES DE DECEMBRO

Viñeron as nosas amigas do "Centro de día de VAlladares" e fixemos unha figuras de Nadal con masa de sal. Aos Canguros axudounos Fina.

                                   Que ben o pasamos!!!

 

       

 

Actividade Xoga coas Manciñas

O MARTES ESTIVO NA ESCOLA, DAVID, UN MONITOR DE XOGA, A ORGANIZACIÓN DE XORDOS DE GALICIA.

VEUNOS CONTAR A HISTORIA DE DULCE, UNHA NENA XORDOCEGA. FALOUNOS DAS COUSAS QUE LLE GUSTAN E  AS FERRAMENTAS QUE LLE AXUDAN A SE COMUNICAR E APRENDER. PARA SE COMUNICAR, USA A LINGUA DE SIGNOS, OS SEUS LIBROS ESTÁN EN BRAILLE, PARA PODELOS LER, PARA CAMIÑAR POLA RÚA, TEN UNHA VARIÑA MÁXICA, UN BASTÓN BRANCO E VERMELLO CO QUE PODE ELUDIR OS OBSTÁCULOS QUE SE PRESENTAN. 

 

DAVID CONTOUNOS EN LINGUA DE SIGNOS, O CONTO PREFERIDO DE DULCE, O MOSTRO DAS CORES. E DEIXOUNOS USAR O BASTÓN DE DULCE. QUE DIFÍCIL NON TROPEZAR COS AMIGOS......QUE RISAS!

LEMBRADES QUE EN XUÑO GANAMOS O 1º PREMIO DO XOGA COAS MANCIÑAS POLA INTERPRETACIÓN DA CANCIÓN O RARO CAN EN LINGUA E SIGNOS?

POIS ESTE FOI O NOSO PREMIO.

 

 

Actividade na biblioteca

 

 

 

Botade unha ollada a visita que tivemos de BEA CAMPOS, polos obradoiros do concello na campaña impórtanos.

 

 

CONTACONTOS SOBREIRA

15/03/2018 10:15

VEN "O VOLUNTARIADO LECTOR DO  CEIP A SOBREIRA" PARA CONTARNOS CONTOS

Distribuir contido


by Dr. Radut