Skip to Content

Novembro 2019

III Feira do libro do E.E.I Monte do Alba

III Feira do libro do E.E.I Monte do Alba

 
Este ano fixemos a III Feira do libro, o que pretendemos con esta actividade é que os nenos vean posible ler contos novos sen ter que ir mercar un novo. Desta maneira cada familia aporta un libro e o día da feira os nenos o troca por outro.
É unha actividade que gustalles moito.
Fomentemos a lectura e o consumo responsable.
 Grazas a todos pola visa colaboración.
 

III Feira do libro do E.E.I Monte do Alba

 

Dia da muller

DÍA DA MULLER. CONTO DE ELENITA

 
Dende a nosa escola valoramos a importancia da igualdade entre homes e mulleres. Por iso este ano quixemos facer unha actividade co alumnado, na que  falamos:
 
- Das profesións, que todos podemos facer o traballo que nos propoñamos.
 -Visibilización do traballo de moitas mulleres que o longo da historia fixeron traballos, investigacións e que non coñecemos.
 
  Para iso fixemos un mural comunitario con fotografías donde podíamos ver o seu nome, profesión e actos que fixeron.
 
 Contamos o conto de "ELENITA" unha nena que quería ser soldadora de vidreo e o seu pai decíalle que non por ser unha nena. No conto vemos todas as aventuras que pasa Elenita para conseguir facer o que ela quere, conseguindo que ó final os maiores  comprendan que da igual o xénero para facer ese traballo.

 

 

 

 

Samaín na biblioteca

O samaín na biblioteca

  Chegou o samaín a nosa   biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...

  •   Chegou o samaín a nosa   biblioteca A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espa...
  •               CONTOS  con MÚSICA  no CEP P. Igrexa- Valadares O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo c...
  • Dá comezo a andaina das nosas mochilas viaxeiras, unha para cada aula, onde atoparedes: .. Contos en Galego. .. DVD´S sobre a ..

TEATRO DE NADAL

TEATRO DE NADAL

 

 

 

CANDO CHEGA O NADAL NA NOSA ESCOLA, AS FAMILIAS AGASÁLLANNOS FACENDO UNHA OBRA DE TEATRO PARA OS NENOS E NENAS DA ESCOLA. ESCOLLEN UN CONTO E O REPRESENTAN. ESTE ANO ESCOLLERON O CONTO " A MOSCA CHOSCA".

 GUSTOUNOS MOITO.
 QUE BEN O PASAMOS 
 MOITAS GRAZAS!!!

 

 

 

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2017

 

ESTE ANO PARA CELEBRAR O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES,O PROFESORADO FIXO A OBRA DE TEATRO " PEDRO E O LOBO" PARA TODOS OS NENOS. O REMATAR FIXEMOS UNHA ACTIVIDADE CONXUNTA,UN MURAL COAS PERSONAXES QUE SAÍAN NA OBRA DE TEATRO.

 

 

 

 

A reciclaxe

Ola rapaces e rapazas:

 

Con este video quero mostrarvos a importancia que ten a boa reciclaxe do noso lixo.

Tócavos a vós, axudar aos maiores a manter o medio ambiente e sobre todo o fondo mariño o máis limpo posible.

 

GRAZAS POLA VOSA AXUDA

 

 

 

 

Second life project



by Dr. Radut