Skip to Content

Novembro 2019

O samaín na biblioteca

 

 




 Chegou o samaín a nosa 
 biblioteca

A Fada, deixou moitos libros de medo, bruxas , morcegos , animais máxicos.... no novo espazo de lectura da planta baixa.

Durante  a mañá do luns e do martes tivemos a visita de dúas bruxas  facendo lecturas máxicas de contos de medo.







Inauguración no CEP Plurilingüe Igrexa Valadares

 

 
            CONTOS con MÚSICA no CEP P. Igrexa- Valadares
 
O venres, 25 de outubro, estivemos de invitados na inauguración dun novo curso da Biblioteca Escolar dos compañeiros/as do cole de maiores.
 
Puidemos desfrutar cos nosos/as amigos/as de contos con música , baile  e poemas.
 
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do ben que o fixeron os alumnos/as da escola de primaria.
 


 

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Carpeta de libro

Carpeta de libro

 

Hoxe Martes 8 de Outubro, comezamos o servizo de préstamos de contos, libros, revistas... da  Biblioteca da Fada do Alba.

Imos recordar en que consiste esta actividade semanal:

Cada Martes os Canguros, os Tigres e os Botóns, subirán a Biblioteca, escollendo un libro, conto, revista infantil... que máis lles guste.

Despois farán o rexistro no carnet da biblioteca: escribindo o título do libro, conto ou revista xunto co gomet correspondente segundo a nosa clasificación:



O libro, conto  ou revista estará na vosa casa ata o seguinte Luns que deberá voltar a escola para poder escoller outro.

O equipo de Biblioteca, será o encargado de comprobar que cada neno/a  devolve o libro e que non está estragado, os Botóns farán tamén o seu propio rexistro de entrega de libro, este curso son encargados de Biblioteca.

Ata o remate de cada trimestre o neno/a escollerá unha lectura para compartir coa súa familia e pasar un rato entretido coas aventuras, investigacións, persoaxes...  e que logo pode compartir co resto dos compañeiros/as da aula.

    Axudade ao voso fillo/a nesta gran aventura

Mochilas viaxeiras

Mochilas viaxeiras

 
 

 

Dá comezo a andaina das nosas mochilas viaxeiras, unha para cada aula, onde atoparedes:

 


.. Contos en Galego.
.. DVD´S sobre a vida no mar.
.. Libro de manualidades con reciclados.
.. Conto en Inglés.
.. Libro de investigación sobre un animal.
 
Recordade que tedes certas normas que cumprir:
 
  •  desfrutar desta mochila en compañia da vosa familia
  •  coidalos libros, películas e contos con agarimo
  •  a mochila permanecerá unha semana na vosa casa, logo tedes que devolvela a aula.
  • se o contido desta mochila pérdese ou estrágase teño que falar coa titora para podelo arranxar.

Un novo curso cheo de descubrimentos

Un novo curso cheo de descubrimentos

 

Ola  amigos/as  da escola:

Comezamos un novo curso que estará cheo de grandes aventuras,descubrimentos, lecturas máxicas e actividades moi diversas.

Estou segura de que estivéchedes moi ocupados este verán coas vosas familias.

Eu tamén estiven con moitos viaxes e aventuras, víchedes o bonita que deixamos  a Biblioteca coa axuda das vosas profes?.

Pouco a pouco imos creando novos espazos de xogo, de lectura, de investigación.... espero que esteades tan contentos coma estou eu.


     BENVIDOS AO NOVO CURSO 2019-2020

MALETA DE XOGOS DE PRÉSTAMO

 

 

Este trimestre o CEFORE de Vigo prestounos unha maleta con xogos. Xogos que axudan a desenvolver o pensamento, a buscar solucións, xogo en equipo, respeto as normas. En definitiva a aprender e medrar xogando.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

StopMotion

StopMotion

 
Este curso participamos na campaña "Nos tamén creamos", coa editorial OQO. A campaña consiste en facer un stopmotion a partir duns contos que nos proporciona a editorial. Entre toda a escola votamos que conto gustounos máis para facer un traballo colectivo. O conto elixido foi
                     
                     "CANTAS PINGAS NA CIDADE"

 
 


 


 

Contacontos CEP IGREXA VALLADARES

 

 
Este curso viñeron os nenos  e nenas de Educación Primaria a contar contos.
 
 
 

DÍA DA POESIA 2019

 

 

Para celebrar o día da  poesía fixemos a lectura de poemas que falaban da primavera, e agasallamos a cada neno ou nena cun poema na natureza do noso xardín.

 

 

 



by Dr. Radut