Novas

VENRES VERDES

O DÍA 12 DE ABRIL ESTREAMOS OS VENRES VERDES.

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2015-16

Coa apertura de prazos para reserva  nos centros adscritos iniciase o proceso de admisión do alumnado para o curso 15-16

Pronto se darán indicacións para a solicitude de admisión no C.R.A. de Rianxo que en todo caso comezará a partir do día 15 de febreiro.


Censo Nais, Pais e Titores curso 2014-15

Nos arquivos anexos publicamos o censo de nais, pais e titores do CRA para a súa revisión e o modelo para realizar as reclamacións oportunas

O prazo de reclamacións remata o 17 de novembro.

 

FAMILIAS DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO

O CRA DE RIANXO REALIZOU O XOVES 21 DE XUÑO UNHA REUNIÓN DE BENVIDA PARA TODAS AS FAMILIAS DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ Ó NOSO CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2012-2013.

O ENCONTRO REALIZOUSE NA SEDE DO CRA, EN ATALAIA, ASADOS, ÁS 19 HORAS

RECOLLIDA DE ALIMENTOS

A ONG SOLIDARIEDADE GALEGA CO POBO SAHARAUI EXPRÉSANOS A SÚA GRATITUDE POLA RESPOSTA DADA EN RIANXO Á CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS PARA OS REFUXIADOS SAHARAUIS.

OS ALIMENTOS FORON RECOLLIDOS EN DISTINTAS ESCOLAS DO CRA DE RIANXO E EN VARIOS SUPERMERCADOS DO CONCELLO.

AXUDAS POR FILLOS/AS MENORES

No D.O.G. De 15 de febreiro de 2011, a Consellería de Traballo e Benestar, publica a orde de 30 de decembro pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de prestación económica de pagamento único para os fillos/as menores de tres anos para o ano 2011

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos á data de 1 de xaneiro de 2011, e que por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

REQUISITOS:

Ter a residencia habitual en Galicia.

Convivir cos menores

TIPO DE AXUDA:

360 euros por cada fillo menor de tres anos.

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN:

A solicitude formalizarase no modelo oficial

Acompañarase da seguinte documentación:

Fotocopia do libro de familia de dada un dos/das fillas menores

Certificado de empadroamento da unidade familiar

De ser o caso: copia de sentencia de separación, nulidade, adopción …

Fotocopia da cartilla de aforros na cal figure no número de conta na que se desexa se ingrese a axuda.

Declaración de conxunto de todas as axudas concedidas ou solicitadas.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo será de 40 días naturais dende a publicación no DOGA. (Remata o 28 de marzo)

 

DOGA DE 15 DE FEBREIRO

 

En Rianxo a 15 de febreiro de 2011

 

O equipo directivo do C.R.A. De Rianxo

EDUCÁNDONOS EN SAÚDE

A pesar do mal tempo, un bó grupo de pais, nais e mestres reuníronse na escola de Cruceiro ( Taragoña ) na tarde do venres 19  para falar do importante que é acadar unha alimentación saudable.

O interés amosado polos participantes fixo que a sesión se prolongase máis tempo do que nun principio estaba previsto. 

 

ALIMENTACIÓN SAUDABLE

DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O  VENRES 19 DE NOVEMBRO REALIZARASE  NA ESCOLA DE CRUCEIRO  ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE

" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "

A ACTIVIDADE, A SEGUNDA DESTAS CARACTERÍSTICAS QUE SE REALIZA, SERÁ NOVAMENTE CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA.

FALANDO DE ALIMENTACIÓN

Membros da comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo reuníronse na tarde do venres día 12 de outubro na escola de Rañó ( Leiro ) co obxecto de reflexionar sobre a necesidade de mellorar os nosos hábitos alimenticios, incidindo especialmente na importancia dunha alimentación saudable nos nosos pequenos.

  

O vindeiro venres realizarase unha nova charla na escola do Cruceiro, Taragoña.

HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES

DENTRO DO PROGRAMA " EDUCACIÓN PARA A SAÚDE " QUE SE ESTÁ A DESENVOLVER EN TODAS AS AULAS DO C.R.A., O VINDEIRO VENRES 12 DE NOVEMBRO REALIZARASE  NA ESCOLA DE RAÑÓ  ÁS 18h. UNHA SESIÓN FORMATIVA DIRIXIDA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA SOBRE

" NUTRICIÓN E HÁBITOS ALIMENTICIOS SAUDABLES "

A ACTIVIDADE SERÁ CONDUCIDA POR GEMMA FERNÁNDEZ, MESTRA E NUTRICIONISTA

Distribuir contido