Novas

RELACIÓN DE MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA - ESCOLA DE ABUÍN - CURSO 2010/2011

RELACIÓN DE MATERIAL IMPRESO DE EDUCACIÓN PRIMARIA

ESCOLA DE ABUÍN - CURSO 2010/2011

1º NIVEL

  • Cadernos de lingua 1 PRIMARIA

Primeiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-563-8

Segundo trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-565-2

Terceiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-695-6

  • Lengua 1 "Salta a la vista" Ed. ANAYA 2008

Cuaderno 1- ISBN: 978-84-667-5513-9

Cuaderno 2- ISBN: 978-84-667-5514-6

Cuaderno 3- ISBN: 978-84-667-5515-3

  • Matemáticas 1 Proyecto "La casa del saber" Ed. Santillana. 2007. ISBN: 978-84-294-0883-6
  • Inglés FIND OUT 1, PUPIL´S BOOK + ACTIVITY BOOK, Dona Shaw. Ed. MACMILLAN

2º NIVEL

  • Cadernos de lingua 2 PRIMARIA

Primeiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-710-6

Segundo trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-711-3

Terceiro trimestre. Proxecto "A casa do saber" - Obradoiro - Santillana - 2007

ISBN: 978-84-8224-712-0

  • Lengua 2 "Salta a la vista" Ed. ANAYA 2008

Cuaderno 1- ISBN: 978-84-667-5518-4

Cuaderno 2- ISBN: 978-84-667-5519-1

Cuaderno 3- ISBN: 978-84-667-5520-7

  • Matemáticas 2 Proyecto "La casa del saber" Ed. Santillana. 2007. ISBN: 978-84-294-3821-5
  • Inglés FIND OUT 2, PUPIL BOOK + ACTIVITY BOOK, Dona Shaw. Ed. MACMILLAN

CORRELINGUA 2010

Centros de ensino de todo o Barbanza xuntarémonos este luns día 10 de maio en Rianxo para celebrar unha nova edición do Correlíngua.

CONCERTO ANIVERSARIO

 

A Xunta Directiva da Escola de Música de Rianxo ten o pracer de convidarnos ao Concerto “VII ANIVERSARIO” da Banda da Escola de Música de Rianxo, que terá lugar o vindeiro sábado 1 de maio ás 13:00, no Auditorio de Rianxo.

No programa deste concerto tódalas obras serán do compositor rianxeiro Antón Alcalde.

XORNADA DE CONVIVENCIA ENTRE O ALUMNADO DO C.E.I.P. A.D.R. CASTELAO E DO C.R.A. DE RIANXO

O vindeiro mércores 28 de abril, como se viña facendo en cursos pasados, o alumnado de 2º Educación Primaria do C.E.I.P. A.D.R. Castelao visitará algunha das escolas do C.R.A. de Rianxo. Concretamente, neste curso 2009 - 2010 as escolas acolledoras serán Rañó e Pazo.

 

O alumnado participante poderá compartir unha xornada de convivencia cos alumnos e alumnas que terán como compañeiros e compañeiras no próximo curso escolar, desenvolvendo diferentes actividades en conxunto.

¡DESEXAMOS GOZAR MOITO DESTA EXPERIENCIA TODOS E TODAS XUNTOS!

 

OBRADOIRO MUSICAL

A Escola de Música de Rianxo infórmanos de que, durante os meses de maio a xullo, vai realizar o seu II Obradoiro Musical, para nenos e nenas de 4 a 7 anos.

As xornadas serán os xoves pola tarde.

Máis información nas oficinas do Auditorio de 10h00 a 13h00 ou no teléfono 671 058 555.

CICLO DE MÚSICA DE CÁMARA 2010

O  terceiro dos concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010, organizado pola Escola de Música, terá lugar o vindeiro sábado 24 de abril ás 20:00, no Auditorio de Rianxo.

Nesta ocasión teremos a oportunidade de escoitar ao Grupo de Clarinetes da Escola de Música de Rianxo.

CONCERTO

DKD Dúo, formado polos mozos rianxeiros Iago Hermo (Piano) e Antón Alcalde (Percusións) inaugura os concertos do Ciclo de Música de Cámara 2010 organizados pola Escola de Música de Rianxo.

O concerto de DKD Dúo terá lugar o domingo 7 de marzo ás 19:30 no Auditorio de Rianxo. 

PARA QUE A PAZ SEXA...

O Seminario Galego de Educación para a Paz ven de publicar, no seu 25 aniversario, este fermoso e reivindicativo cartel.

CONVOCATORIA DE FOLGA

A PLATAFORMA " QUEREMOS GALEGO ", INTEGRADA POR NUMEROSAS ASOCIACIÓNS CULTURAIS, VECIÑAIS, DE PAIS DE ALUMNOS, ETC, ASÍ COMA AS DISTINTAS FORZAS SINDICAIS CON REPRESENTACIÓN NA EDUCACIÓN TEÑEN CONVOCADA PARA O XOVES 21 DE XANEIRO UNHA XORNADA DE FOLGA NO ENSINO.

FESTIVAL DE NADAL

A MAÑÁ DO MARTES 22 DE DECEMBRO REALIZARASE NO AUDITORIO DE RIANXO O FESTIVAL DE NADAL DO C.R.A. DE RIANXO.

ESPERAMOS QUE NOS ACOMPAÑEN MOITÍSIMOS PAIS, NAIS, AVÓS,...E, CUN POUCO DE SORTE, AS SÚAS MAXESTADES OS REIS MAGOS DE ORIENTE!!

 

Distribuir contido