FALANDO DE ALIMENTACIÓN

Membros da comunidade educativa do C.R.A. de Rianxo reuníronse na tarde do venres día 12 de outubro na escola de Rañó ( Leiro ) co obxecto de reflexionar sobre a necesidade de mellorar os nosos hábitos alimenticios, incidindo especialmente na importancia dunha alimentación saudable nos nosos pequenos.

  

O vindeiro venres realizarase unha nova charla na escola do Cruceiro, Taragoña.