AXUDAS POR FILLOS/AS MENORES

No D.O.G. De 15 de febreiro de 2011, a Consellería de Traballo e Benestar, publica a orde de 30 de decembro pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de prestación económica de pagamento único para os fillos/as menores de tres anos para o ano 2011

PERSOAS BENEFICIARIAS:

Aquelas persoas que teñan fillos/as menores de tres anos á data de 1 de xaneiro de 2011, e que por razón dos ingresos obtidos durante o ano 2009, nin elas nin ningún membro da unidade familiar estivesen obrigados a presentar a declaración polo imposto sobre a renda das persoas físicas.

REQUISITOS:

Ter a residencia habitual en Galicia.

Convivir cos menores

TIPO DE AXUDA:

360 euros por cada fillo menor de tres anos.

SOLICITUDE E DOCUMENTACIÓN:

A solicitude formalizarase no modelo oficial

Acompañarase da seguinte documentación:

Fotocopia do libro de familia de dada un dos/das fillas menores

Certificado de empadroamento da unidade familiar

De ser o caso: copia de sentencia de separación, nulidade, adopción …

Fotocopia da cartilla de aforros na cal figure no número de conta na que se desexa se ingrese a axuda.

Declaración de conxunto de todas as axudas concedidas ou solicitadas.

LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN:

O prazo será de 40 días naturais dende a publicación no DOGA. (Remata o 28 de marzo)

 

DOGA DE 15 DE FEBREIRO

 

En Rianxo a 15 de febreiro de 2011

 

O equipo directivo do C.R.A. De Rianxo