O "Día do Pixama", é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".
Realízase cada ano o día 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena, co obxectivo de dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes. Actualmente, en España hai case 17.000 nenos e nenas que crecen en centros residenciais, moitos deles esperan unha familia que os acolla no seu fogar.
Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís celebrarase o luns 201e novembro, coincidindo coa xornada lectiva. Para iso, o alumnado de Educación Infantil e Primaria acudirá este díaao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.
O 2 de abril celébrase o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo, co obxectivo de contribuír a mellorar a calidade de vida da poboación que padece esta afección.
Dende AL, este trimestre, na escola de Lañas, estivemos estimulando a linguaxe oral e escrita, empregando un elemento cultural e motivador como o pan. Tendo como eixo principal este aspecto, traballamos a conciencia léxica, silábica e fonémica. Ademais, achegamos vocabulario e sentamos as bases do proceso lectoescritor ao alumnado a través da tradición e a cultura.
Para iso, primeiro os nenos e nenas realizaron uns monstros, os cales cobraron vida. Eles forman parte da narración deste vídeo-resumo de todo o proceso.
Logo, coñecemos o proceso de fabricación do pan, dende os seus ingredientes ata a súa elaboración. Para rematar, convertémonos en cociñeiros, realizando unha torrada saudable.
Con isto, queremos amosar que se pode estimular a linguaxe dos pequenos e pequenas aprendendo múltiples aprendizaxes de forma transversal.
Esperamos que vos guste!
Con agarimo e apertas dende Audición e Linguaxe do CRA A Tarandeira.
Desde o departamento de Orientación, especialidade de Audición e Linguaxe, enviamos unha proposta para estimulación da linguaxe oral. Ten dúas variantes, unha para Educación Infantil e outra para Educación Primaria.
Preme na imaxe para accederes ao contido da proposta de Educación Infantil
Preme nestoutra imaxe para accederes ao contido da proposta de Educación Primaria