Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Programa de Estimulación da Linguaxe co pan como eixe principal.

 

 Boas a todos e todas!

Dende AL, este trimestre, na escola de Lañas, estivemos estimulando a linguaxe oral e escrita, empregando un elemento cultural e motivador como o pan. Tendo como eixo principal este aspecto, traballamos a conciencia léxica, silábica e fonémica. Ademais, achegamos vocabulario e sentamos as bases do proceso lectoescritor ao alumnado a través da tradición e a cultura.

Para iso, primeiro os nenos e nenas realizaron uns monstros, os cales cobraron vida. Eles forman parte da narración deste vídeo-resumo de todo o proceso.

Logo, coñecemos o proceso de fabricación do pan, dende os seus ingredientes ata a súa elaboración. Para rematar, convertémonos en cociñeiros, realizando unha torrada saudable.

Con isto, queremos amosar que se pode estimular a linguaxe dos pequenos e pequenas aprendendo múltiples aprendizaxes de forma transversal.

Esperamos que vos guste!

Con agarimo e apertas dende Audición e Linguaxe do CRA A Tarandeira.



page | by Dr. Radut