Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Día do Pixama 2023

 

O "Día do Pixama", é unha actividade solidaria, lúdica e educativa, na que os protagonistas son os nenos e nenas que dan visibilidade a outros nenos e nenas baixo o lema "todo/a neno/a ten dereito a medrar en familia".

Realízase cada ano o día 20 de novembro, coincidindo coa aprobación da Convención Internacional dos Dereitos do Neno e a Nena, co obxectivo de dar visibilidade e sensibilizar sobre o dereito a medrar en familia de todos os nenos, nenas e adolescentes. Actualmente, en España hai case 17.000 nenos e nenas que crecen en centros residenciais, moitos deles esperan unha familia que os acolla no seu fogar.

Este ano, o acto principal nos colexios, institutos e escolas infantís celebrarase o luns 201e novembro, coincidindo coa xornada lectiva. Para iso, o alumnado de Educación Infantil e Primaria acudirá este día  ao centro educativo en pixama, unha prenda que pretende simbolizar o tempo en familia e a importancia do mesmo para asentar os alicerces dunha infancia feliz. Ademais, durante esa xornada, nos diferentes niveis educativos desenvolveranse actividades relacionadas coa importancia da familia, dando a coñecer o acollemento familiar como recurso que ofrece aos menores separados das súas familias biolóxicas a posibilidade de medrar con outra familia que os acolle, acompaña e quere, durante o tempo que sexa necesario.



page | by Dr. Radut