Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Orientación

Calendario de adestramento emocional

Ola a tod@s,

Segundo pasan os días de confinamento os conflitos na convivencia van aparecendo con máis frecuencia, é normal, mais precisamos baixar o nivel de ansiedade tanto dos nenos e nenas como das persoas adultas.

Desde o departamento de Orientación, achegamos un calendario de adestramento moi sinxelo, no que cada día imos substituír unha maneira de falarnos e relacionarnos que pode xerar conflitos, como por exemplo cando EXIXIMOS aos demais, por outra forma máis empática e amable de convivir, como pode ser PEDINDO as cousas...

Podedes copiar o calendario nunha folla, pegalo nun sitio visible...e practicar!

Lembrámosvos que no apartado de Orientación tedes tamén unha completa Guía para traballar a nivel emocional o coronavirus cos nenos e nenas.

Saúdos e moito ánimo

Distribuir contido


by Dr. Radut