Calendario de adestramento emocional
Ola a tod@s,
Segundo pasan os días de confinamento os conflitos na convivencia van aparecendo con máis frecuencia, é normal, mais precisamos baixar o nivel de ansiedade tanto dos nenos e nenas como das persoas adultas.
Desde o departamento de Orientación, achegamos un calendario de adestramento moi sinxelo, no que cada día imos substituír unha maneira de falarnos e relacionarnos que pode xerar conflitos, como por exemplo cando EXIXIMOS aos demais, por outra forma máis empática e amable de convivir, como pode ser PEDINDO as cousas...
Podedes copiar o calendario nunha folla, pegalo nun sitio visible...e practicar!
Lembrámosvos que no apartado de Orientación tedes tamén unha completa Guía para traballar a nivel emocional o coronavirus cos nenos e nenas.
Saúdos e moito ánimo
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ADESTRAMENTO CONVIVENCIA.pdf | 837.05 KB |