Os nenos e nenas do CRA fixeron un pequeno anuncio de Nadal no marco do noso proxecto anual "A Tarandeira sostible". Miradeo con moita atención porque nos dan uns consellos moi, moi sostibles. Premede na imaxe para velo.
O CRA A Tarandeira vén de recibir o Premio do Público na V Edición do Concurso "Cantamos coas mans" convocado pola Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG). Parabéns a todos os participantes no vídeo, que son nin máis nin menos que o conxunto da comunidade educativa do noso centro. O noso agradecemento para todos aqueles que apoiastes a nosa proposta.
Deixámosvos aquí o vídeo do que xa se converteu no noso himno: "Unha escoliña no rural".
Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos o Día da Paz e da Non Violencia. E querémolo festexar coa compañía dos nosos amigos da Fundación de discapacitados psíquicos A Barcala.
Homenaxeamos a Wangari Maathai, a primeira muller africana que recibíu no 2004 o Premio Nobel da Paz. Wangari fixo un labor de concienciación sobre a importancia da natureza no seu país, Kenia, creando un verdadeiro exército de mulleres sementadoras. Ata o punto de ser chamada “A muller árbore”.
“A miña terra estaba espida. A miña misión foi intentar vestila de verde”, estas foron as súas palabras ao recibir o Premio Nobel da Paz.
Na súa lembranza, o alumnado do CRA A Tarandeira bailamos unha canción folclórica africana chamada Olelé Moliba Macasi.
Feliz Día da Paz e da Non Violencia!
Bo día nen@s e familias! Sabiades que o día 21 de xaneiro celebramos o día do abrazo? Pois traémosvos un conto que nos da alternativas a eses abrazos que agora non podemos darnos... "Hasta que podamos abrazarnos".
Unha vez que vexades o conto, que vos parece se enviamos unha mensaxe a un compañeiro tal e como fan Tortuga e Erizo? (Preme no enlace adxunto)
Bo día nenos e nenas das escolas de Oca e o Busto! Sabemos que estades a pasar uns días nas vosas casas, polo que dende o CRA gustaríanos que nos contárades o que andades artellando polas vosas casas! Seguro que tedes moitas cousas que contar, polo que traémosvos unha proposta... (Preme nos enlaces adxuntos)