Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal



O CRA A Tarandeira informa:

A actividade lectiva dará comezo o mércores 11 de setembro.

Nos vindeiros días e antes do inicio do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.



O CRA A Tarandeira, informa que o vindeiro curso 2024-25 non se empregarán libros de texto nin en Educación Infantil nin en Primaria. Tan só haberá libro de texto na materia de inglés en 2º de Educación Primaria. Porén, o alumnado contará na aula con libros de consulta facilitados polo CRA para a preparación das diferentes áreas curriculares.

Preme na seguinte ligazón para veres a referencia do libro de texto de inglés que está incluído nas axudas de libros de texto.



A Dirección do C.R.A. A Tarandeira, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2024/25 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.

De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A Dirección deste centro atenderavos en horario de 9:00 a 14:00 h a partir do martes 25 de xuño na sede do CRA A Tarandeira no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 663 729 504

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.



Estimadas familias,

O día 7 de maio foi publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado de Educación Primaria matriculado en centros públicos para o curso 2024-25. As solicitudes poden ser entregadas até o 21 de xuño.

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. 

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas. 

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro. 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 687769635 (Secretaría)

 



O CRA A Tarandeira informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2024-25. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.



O CRA A Tarandeira informa que o vindeiro 1 de marzo ábrese o prazo de admisión de novo alumnado para o curso 2024/25.

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 21 de outubro de 2022, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA A Tarandeira, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:00 a 14:00 (sede Coristanco). As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 15 xaneiro - 5 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)



O CRA A Tarandeira informa:

A actividade lectiva dará comezo o luns 11 de setembro.

Nos vindeiros días e antes do inicio do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.



O CRA A Tarandeira, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2023-24. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil. De todos os xeitos, nalgunhas escolas non se empregarán todos os libros. Non merquedes nin encarguedes ningún libro antes de falardes coa titora da vosa escola. Grazas!

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.



A Dirección do C.R.A. A Tarandeira, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2023/24 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:00 a 14:00 h a partir do mércores 22 de xuño na sede do CRA A Tarandeira no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.



Estimadas familias 

O día 19 de maio foi publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en centros públicos para o curso 2023-24. As solicitudes poden ser entregadas até o 21 de xuño. 

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. 

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas. 

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro. 

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 687769635 (Secretaría)



Reportaxe do xornal El País para a nosa comunidade educativa da que estamos orgullosos e agradecidos! Grazas polo voso labor.



O CRA A Tarandeira informa que está aberto o prazo de admisión de novo alumnado para o vindeiro curso 2023/24.

Prazo de admisión: do 1 ao 20 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA A Tarandeira, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:00 a 14:00 (sede Coristanco). As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)




Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2023-24 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 16 de xaneiro e remata o 6 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

Secretaría do CRA: Cumprimentando o Anexo I e I bis de reserva de praza que vos foi facilitado e entregándollo de volta ás titoras das escolas que nolo farán chegar.

Por Internet: A través da aplicación admisionalumnado ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

 


 

NOTA ACLARATORIA: O procedemento de admisión de novo alumnado no CRA de Coristanco - Santa Comba terá lugar do 1 ao 20 de marzo. Deste procedemento daremos cumprida información previamente ao seu inicio.



A Dirección do CRA A Tarandeira informa que o novo alumnado admitido neste centro debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.

Deseguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do voso/a fillo/a:



O CRA A Tarandeira, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2022-23. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.

 



"Se che deixasen escoller, a que cole irías?" Convidámosvos a visitar o noso centro a través do noso vídeo presentación. Esperamos que vos guste! 



Estimadas familias

O día 18 de maio saíu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado en centros públicos para o curso 2022-23. As solicitudes poden ser entregadas até o 22 de xuño.

Para facer a solicitude teredes que acudir á aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requiridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro.

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Copias deste documento e dos formularios de solicitude estarán dispoñibles nas respectivas escolas.

Importante: o alumnado que o vindeiro curso pase a un novo centro, terá que entregar a solicitude nese centro.

Para calquera dúbida estamos á vosa disposición nos teléfonos: 881885502 / 663729504 (Dirección)



O CRA A Tarandeira informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2022-23. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.



O CRA A Tarandeira informa das recentes modificacións do Protocolo COVID con data de 14/01/22 a seguir nos centro educativos. Podedes consultalas na seguinte ligazón:

https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Documents/545/ESCOLAS_Protocolo_...

 




Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2022-23 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 11 de xaneiro e remata o 8 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

Secretaría do CRA: Cumprimentando os Anexos I e I bis de reserva de praza que se vos facilitaron e entregándollos de volta ás titoras das escolas que nolos farán chegar.

Por Internet: A través da aplicación admisionalumnado ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

Máis informacion na seguinte ligazón da Consellaría: 

https://www.edu.xunta.es/portal/node/32849


 

NOTA ACLARATORIA: O procedemento de admisión de novo alumnado no CRA A Tarandeira terá lugar do 1 ao 20 de marzo. Deste procedemento daremos cumprida información previamente ao seu inicio.



A Consellería deCultura, Educación e Universidade publicou, no DOG de venres 12 de novembro, ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario: Alumnado matriculado en Educación Primaria (non Educación Infantil)

a) Non é preciso que presente solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 e que

cumpra algún dos seguintes requisitos:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € ( Renda fiscal do 2019).

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De xeito presencial no centro, con cita previa.

  • Prazo presentación:  desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ambos os dous incluídos.

  • Formulario de solicitude (Anexo I)A solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación achegada.

  • Documentación complementaria: Fotocopia do libro de familia e Anexo II de comprobación de datos de membros computables da unidade familiar. 

As listaxes provisionais publicaránse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.  



Logo da fusión de centros producida en xullo de 2019, o nome oficial do CRA non reflectía a realidade do noso colexio. Temos escolas en tres concellos: A Baña, Coristanco e Santa Comba. O nome que a Consellaría nos asignou de oficio nun primeiro momento non incluía a un dos concellos.

Despois de contarmos co apoio da totalidade do claustro e do consello escolar, e logo de solicitarmos o visto e prace dos tres concellos ao troco de nome, o 3 de maio de 2021 solicitouse á Consellaría a súa conformidade á nova denominación. E esta foi ratificada onte día 5 de outubro de 2021, coa publicación no DOG da nova denominación específica do noso centro: CRA A Tarandeira.

Por moitos anos!



A Dirección do CRA de Coristanco - Santa comba informa que o Concello de Coristanco vén de publicar as Axudas á escolarización de menores no Concello de Coristanco.

As bases poden consultarse na páxina web do Concello de Coristanco na seguinte ligazón:

https://sede.coristanco.gal/opencms/gl/informacion/tablon/2021/ANUNCIO_P...

Data tope de presentación de solicitudes: 10 días hábiles a partir do día seguinte á data de publicación no BOP (17/09/2021). Ou sexa, até o 1 de outubro de 2021.

Importe máximo da axuda: 100€ por familia e neno/a.

Recibide un cordial saúdo



Preme aquí para accederes ao Plan de Adaptación Covid19 do noso centro.



O CRA de Coristanco-Santa Comba informa:

  • As actividades lectivas darán comezo o día 9 de setembro.

  • No CRA estamos elaborando e adaptando os protocolos e espazos das nosas escolas para garantir a volta á escola coa maior seguridade e normalidade posibles.

  • Nos vindeiros días e antes do comezo do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.



O CRA de Coristanco - Santa Comba, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2021-22. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.



A Dirección do C.R.A. de Coristanco - Santa Comba, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2021/22 debe formalizar matrícula do día 20 ao 30 de xuño.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:30 a 14:30 h a partir do mércores 23 de xuño na sede do CRA de Coristanco - Santa Comba no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios están dispoñibles nesta mesma páxina web premendo na listaxe arriba indicada. Tamén volos podemos facilitar na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico.



Estimadas familias

O xoves 20 de maio saíu publicada no DOG a Orde do 6 de maio do 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o alumnado matriculado de educación primaria en centros públicos para o curso 2021-22. As solicitudes poden ser entregadas até o 22 de xuño (este incluído).

Para facer a solicitude teredes que acudir a aplicación Fondolibros e cubrir os formularios requeridos (Anexo I e  Anexo II) e entregalos pola sede electrónica ou ben podedes presentar toda a documentación no centro. Recordade que atendendo as recomendacións sanitarias, para acudir ao centro de forma presencial, usedes primeiro as canles de comunicación para solicitar cita previa.

A continuación, presentamos un documento onde se vos explica o máis salientable da Orde e que vos pode ser de axuda. Tamén están os dous anexos que hai que cubrir, para que se así o desexades os poidades descargar e imprimir. Se tedes algún problema para imprimir tamén se vos facilitarán impresos nas respectivas escolas e na sede do CRA.

Importante: O alumnado que o vindeiro curso continuará estudos nun novo centro, deberá entregar a documentación no novo centro.

Para calquera dúbida estamos a vosa disposición nos teléfonos: 881885502 (Dirección) 687769635 (Secretaria).

 



O CRA de Coristanco - Santa Comba informa que xa se pode consultar na secretaría do centro a listaxe de alumnado admitido para o vindeiro curso 2021-22. Todas as solicitudes foron admitidas.

A formalización da matrícula realizarase do 20 ao 30 de xuño.



Prazo de admisión: do 1 ao 22 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA de Coristanco – Santa Comba, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:15 a 14:15, martes de 11:10 a 12:00 e venres de 13:10 a 14:15. As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-22 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)



Presentámosvos unha serie de vídeotitoriais que esperamos vos sexan de axuda para saber como podedes acceder á Aula Virtual do noso centro, á Aula Virtual Santillana para @s alumn@s de Primaria e como instalar e utilizar a aplicación abalarMóbil.

Preme na imaxe para accederes ao contido




Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2021-22 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 11 de xaneiro e remata o 8 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

Secretaría do CRA: Cumprimentando os Anexos I e I bis de reserva de praza que se vos facilitaron e entregándollos de volta ás titoras das escolas que nolos farán chegar.

Por Internet: A través da aplicación admisionalumnado ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

Máis informacion na seguinte ligazón da Consellaría: 

https://www.edu.xunta.es/portal/node/32849


 

NOTA ACLARATORIA: O procedemento de admisión de novo alumnado no CRA de Coristanco - Santa Comba terá lugar do 1 ao 20 de marzo. Deste procedemento daremos cumprida información previamente ao seu inicio.



Desde o 30/11/2020 pódense consultar as listaxes de admitidos no taboleiro da secretaría do CRA.

 



A Consellería deCultura, Educación e Universidade publicou, no DOG de venres 13 de novembro, ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

 

Alumnado destinatario: Alumnado matriculado en Educación Primaria (non Educación Infantil)

a) Non é preciso que presente solicitude:

O alumnado beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021.

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 e que

cumpra algún dos seguintes requisitos:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € ( Renda fiscal do 2018).

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

TRAMITACIÓN  E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES

  • De xeito presencial no centro, con cita previa.

  • Prazo presentación:  desde o 16 ata o 27 de novembro 2020 ambos os dous incluídos.

  • Formulario de solicitudeA solicitude terá que vir debidamente cuberta e asinada, xunto coa copia e orixinal de toda a documentación achegada.

As listaxes provisionais publicaránse no taboleiro interior do centro o 30 de novembro e en caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous (2) días hábiles seguintes ao da súa publicación.  



Este é o Plan de Ensino Virtual que se incorpora ao Plan de Continxencia do centro para o caso dun peche ou confinamento parcial do centro. Nel contéñense os "horarios espello", os horarios que terían o alumnado e profesorado no caso de ensino a distancia. Incorpora as medidas do Anexo I da Resolución conxunta da Secretaría Xeral Técnica e da Secretaria Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se aproba o Plan de Continxencia ante peches de aulas ou centros educativos no contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.



Estimadas familias,

Lembrámosvos que o vindeiro mércores 11 de novembro é non lectivo no CRA de Coristanco - Santa Comba por ser festivo local (San Martiño) na localidade onde o CRA ten a súa sede: Coristanco. 

Un cordial saúdo

A Dirección do CRA de Coristanco - Santa Comba



Preme aquí para accederes ao Protocolo Covid do noso centro.



O CRA de Coristanco-Santa Comba informa:

  • As actividades lectivas darán comezo con normalidade o día 10 de setembro.

  • No CRA estamos elaborando e adaptando os protocolos e espazos das nosas escolas para garantir a volta á escola coa maior seguridade e normalidade posibles.

  • Nos vindeiros días e antes do comezo do curso as titoras convocarán ás familias a unha reunión.

Lembrade que estamos ao voso dispor e para mantervos informados seguídenos nesta web e nas redes.



A Dirección do C.R.A. de Coristanco - Santa Comba, informa que o novo alumnado admitido neste centro no vindeiro curso 2020/21 debe formalizar matrícula do día 1 ao 10 de xullo.
De seguido relaciónanse os documentos necesarios para a matrícula do/a voso/a fillo/a.

  •   Impreso de formalización de matrícula (Anexo III-1).
  •   Fotocopia do libro de familia.
  •   DNI do pai e da nai do/a alumno/a.
  •   Fotocopia da Tarxeta Sanitaria.
  •   Certificado médico.
  •   2 fotos tamaño carné.
  •   Autorización de publicación de imaxe do menor.
  •   Autorización saídas didácticas.
  •   Autorización recollida alumn@.
  •   Enquisa lingua contorno familiar.

A dirección deste centro atenderavos en horario de 9:30 a 14:30 h a partir do mércores 1 de xullo na sede do CRA de Coristanco - Santa Comba no lugar da Esfarrapa, 52 - Coristanco. Tamén podedes entregar a documentación de matrícula na sede de Santa Comba ou na Escola de Lañas (A Baña), concertando cita previa nos teléfonos do centro: 881 88 05 52 / 687 76 96 35 .

Todos os formularios serán facilitados ou ben físicamente na propia sede do CRA, ou ben por correo electrónico. Pódese descargar aquí o formulario de matrícula.

 



O CRA de Coristanco - Santa Comba, informa da listaxe de LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso 2020-21. Só haberá libros de texto en Educación Primaria, non en Educación Infantil.

Preme na seguinte ligazón para veres a listaxe.



Tal e como se recolle nas Instrucións da Consellaría de Educación do 27 de abril de 2020, relativas ao desenvolvemento do 3º trimestre do curso 2019-20, o CRA de Coristanco - Santa Comba publica na páxina web do centro as adaptacións realizadas nas programacións didácticas para o seu coñecemento por parte da comunidade educativa.

Preme aquí para accederes ao documento completo.

 



Estimadas familias

Tal como se establece na Resolución do 5 de Maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, reanúdase dende o vindeiro luns día 11 de maio e até o luns 18 de maio o procedemento para a Solicitude de Admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

Debido a situación sanitaria na que nos atopamos deberán terse en conta as seguintes cuestións:

  • Para a atención directa no centro educativo solicitarase cita previa nos seguintes teléfonos: 881880552 ou 687769635. Para a entrega das solicitudes só poderá acudir unha única persoa responsable. Son aconsellables medidas de protección individual (luvas e mascarilla).
  • Recoméndase realizar a solicitude pola vía telemática a través da aplicación Admisionalumnado con certificado dixital ou chave 365 (ligazón para acceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#).
  • Se prefiren facelo de xeito manual o formulario de solicitude pódese descargar aquí.

Prazos para o procedemento de admisión:

  • Restablécese o prazo de admisión de solicitudes desde o luns 11 de maio até o luns 18 de maio de 2020.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: até o día 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • No prazo de 3 días hábiles desde a publicacion das listaxes provisionais, poderán formularse reclamacións contra as mesmas.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: até o 26 de xuño.

Prazos para a formalización da matrícula:

  • Do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Para calquera cuestión a dirección do centro está ao voso dispor nos teléfonos sinalados.

Recibide un cordial saúdo



Estimadas familias,

A Consellaría de Educación vén de publicar as Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre no contexto actual da pandemia do COVID-19. Estas instrucións que están dispoñibles na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936 especifican as directrices polas que nos debemos guiar os centros educativos para os diferentes aspectos do proceso educativo, nomeadamente, a adaptación das programacións didácticas e polo tanto, dos criterios de avaliación, promoción e titulación do alumnado. Isto supón que sobre todo se reforzarán competencias e contidos do primeiro e segundo trimestre, e os imprescindibles do terceiro. A avaliación centrarase no realizado nos dous primeiros trimestres.  

Unha vez feitas estas adaptacións serán enviadas á Inspección e publicadas na páxina web do centro para o coñecemento da comunidade educativa.

Aproveitamos o comunicado para avisarvos de que por seren o venres 1 de maio festivo e o luns 4 de maio non lectivo, estes días non se facilitarán as propostas de actividades diarias. Retomámolas o martes 5 de maio. Poderedes atopalas no espazo habitual de Actividades nesta mesma páxina web.

Agardando que vos atopedes ben, recibide un cordial saúdo

O equipo docente do CRA de Coristanco - Santa Comba



Preme na imaxe para accederes ao contido do comunicado



Estimadas familias,

En comunicación enviada pola Consellaría de Educación ás direccións dos centro educativos recibida esta tarde, en relación ao 3º trimestre, indícase que:

  • A actividade lectiva non presencial continuarase, con carácter xeral, mediante repaso, reforzo e recuperación do traballo desenvolvido, centrándose na adquisición das competencias clave. Os centros avaliarán as medidas a adoptar para atender ao alumnado con maiores dificultades de acceso á educación no actual contexto.
  • Despois da reunión do vindeiro mércores 15 de abril do Ministerio de Educación coas Comunidades Autónomas para coordinar medidas concretas a adoptar, ditaranse instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre e final de curso 2019/20.

Aproveito para comentarvos que xa está colgada no apartado Actividades desta web a proposta de mañán que o equipo docente do CRA fai para cada día lectivo.

Recibide un cordial saúdo de todo o equipo docente!



Estimadas familias,

O CRA de Coristanco - Santa Comba quere informarvos das instrucións da Consellaría de Educación aos centros educativos en relación á avaliación do 2º trimestre do presente curso.

Seguindo estas instrucións, procederase ao peche da avaliacion do 2º trimestre co traballo desenvolvido ata a data da declaración do estado de alarma. Polo tanto, non serán avaliables as actividades realizadas con posterioridade ao 13 de marzo e ata o 3 de abril. Porén, é igualmente recomendable que os nenos realicen as actividades propostas para continuar co seu proceso formativo.

Nesta semana do 30 ao 3 de abril terá lugar a sesión de avaliación. O boletín de cualificacións, a título informativo, será enviado o venres 3 de abril ás familias por correo electrónico ao enderezo que tedes comunicado ás titoras. O boletín impreso asinado e selado, será entregado no momento do reinicio das clases.

Recibide un cordial saúdo

 



Prazo de admisión: do 1 ao 21 de marzo.

Modelo de solicitude:

Solicitude segundo o Anexo II, (procedemento ED550B), aprobado pola Orde de 25 de xaneiro de 2017, poderá cumprimentarse dos seguintes xeitos:

 Documentación a entregar coa solicitude:

  • Fotocopia do libro de familia ou fotocopia do DNI do neno/a.

  • Convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio, se é o caso. 

Lugar de presentación:

Na Secretaría da sede do CRA de Coristanco – Santa Comba, sita en Lugar da Esfarrapa,52 (Coristanco) en horario de atención do equipo directivo: luns de 09:15 a 14:15 (sede Coristanco), mércores de 09:00 a 11:30 (sede Santa Comba). As solicitudes tamén poderán ser entregadas ás titoras nas respectivas escolas que llas farán chegar ao equipo directivo.

Normativa que regula o proceso: 

  • DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro,polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos. 

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado.

Principais puntos a ter en conta

  • Cada solicitante presentará unha única solicitude no colexio que solicita en 1º lugar.

  • En cada solicitude pódense pór ata 6 colexios por orde de preferencia.

  • No caso de presentar máis dunha solicitude en distintos centros o solicitante perderá o dereito de prioridade.

  • O alumnado que ten presentada solicitude de reserva nun centro se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva no primeiro centro. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro)

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro centro, deberá comunicalo ao mesmo tempo no centro de orixe. (Só para alumnado xa escolarizado nun centro).

  • As solicitudes fóra de prazo mandaranse á comisión de escolarización.

  • Se o alumno/a non obtivese praza no centro solicitado en 1º lugar, remitirase a solicitude á comisión de escolarización.

PRESENTACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS BAREMADOS

Só será precisa, e será requirida, no caso de que o número de solicitudes sexa maior que o de prazas vacantes.

  • Fotocopia completa do libro de familia.

  • Certificado de empadroamento municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven no domicilio.

  • Fotocopia da última declaración da renda dos pais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Fotocopia do carné de familia numerosa de ser o caso.

  • Fotocopia dos DNI dos pais ou titores legais. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Certificado de minusvalía de ser o caso. Necesaria só se non autorizan a comprobación de datos.

  • Anexo II cuberto e coa puntuación cuberta.

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

Reserva de praza no centro de orixe: 1-15 de febreiro.

Data do sorteo público a efectos de desempate: última semana de febreiro e, en todo caso, antes do 1 de marzo.

Publicación de postos escolares vacantes: antes do 1 de marzo.

Presentación da solicitude de admisión: 1-20 de marzo.

Presentación documentación xustificativa dos criterios alegados (cando o número de solicitudes sexa maior ao das prazas ofertadas): 10 días hábiles contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión.

Listaxe provisional de admitidos e non-admitidos: Antes do 25 de abril

Listaxe definitiva de admitidos e non-admitidos: Antes do 15 de maio

Formalización da matrícula: do 20-30 de xuño (anexo III)

 





Este trámite de reserva de praza é exclusivo para o alumnado de 2º de Ed.Primaria que o vindeiro curso 2020-21 continuará a etapa nos centros adscritos: CPI Alcalde Xosé Pichel de Coristanco, CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza de Santa Comba e CPI de San Vicente da Baña.

O período de reserva de praza comeza o 11 de xaneiro e remata o 8 de febreiro.

Formas de reservar praza en centro de adscrición:

    Manualmente: Cumprimentando o Anexo I de reserva de praza que se vos facilitou e entregándollo de volta ás titoras das escolas que nolo farán chegar.
    Por Internet: A través da aplicación  https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ ou da sede electrónica da Xunta de Galicia (procedemento ED550A).

 



Sede do CRA : Lugar da Esfarrapa, 52 -15147 Coristanco (A Coruña)

 

 



by Dr. Radut