Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

REANUDACIÓN DO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

Estimadas familias

Tal como se establece na Resolución do 5 de Maio de 2020 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, reanúdase dende o vindeiro luns día 11 de maio e até o luns 18 de maio o procedemento para a Solicitude de Admisión do alumnado para o vindeiro curso escolar 2020/2021.

Debido a situación sanitaria na que nos atopamos deberán terse en conta as seguintes cuestións:

  • Para a atención directa no centro educativo solicitarase cita previa nos seguintes teléfonos: 881880552 ou 687769635. Para a entrega das solicitudes só poderá acudir unha única persoa responsable. Son aconsellables medidas de protección individual (luvas e mascarilla).
  • Recoméndase realizar a solicitude pola vía telemática a través da aplicación Admisionalumnado con certificado dixital ou chave 365 (ligazón para acceso: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/#).
  • Se prefiren facelo de xeito manual o formulario de solicitude pódese descargar aquí.

Prazos para o procedemento de admisión:

  • Restablécese o prazo de admisión de solicitudes desde o luns 11 de maio até o luns 18 de maio de 2020.
  • Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: até o día 26 de maio.
  • Publicación das listaxes provisionais de alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño.
  • No prazo de 3 días hábiles desde a publicacion das listaxes provisionais, poderán formularse reclamacións contra as mesmas.
  • Publicación das listaxes definitivas de alumnado admitido e non admitido: até o 26 de xuño.

Prazos para a formalización da matrícula:

  • Do 1 ao 10 de xullo de 2020.

Para calquera cuestión a dirección do centro está ao voso dispor nos teléfonos sinalados.

Recibide un cordial saúdo



page | by Dr. Radut