Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Información sobre a Avaliación do 2º trimestre

Estimadas familias,

O CRA de Coristanco - Santa Comba quere informarvos das instrucións da Consellaría de Educación aos centros educativos en relación á avaliación do 2º trimestre do presente curso.

Seguindo estas instrucións, procederase ao peche da avaliacion do 2º trimestre co traballo desenvolvido ata a data da declaración do estado de alarma. Polo tanto, non serán avaliables as actividades realizadas con posterioridade ao 13 de marzo e ata o 3 de abril. Porén, é igualmente recomendable que os nenos realicen as actividades propostas para continuar co seu proceso formativo.

Nesta semana do 30 ao 3 de abril terá lugar a sesión de avaliación. O boletín de cualificacións, a título informativo, será enviado o venres 3 de abril ás familias por correo electrónico ao enderezo que tedes comunicado ás titoras. O boletín impreso asinado e selado, será entregado no momento do reinicio das clases.

Recibide un cordial saúdo

 



page | by Dr. Radut