Skip to Content

CRA A Tarandeira - Lugar da Esfarrapa, 52 - 15147 Coristanco (A Coruña) - 881 88 05 52 - cra.atarandeira@edu.xunta.gal

Instrucións da Consellaría 3º trimestre 2019/20

Estimadas familias,

A Consellaría de Educación vén de publicar as Instrucións para o desenvolvemento do 3º trimestre no contexto actual da pandemia do COVID-19. Estas instrucións que están dispoñibles na seguinte ligazón https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30936 especifican as directrices polas que nos debemos guiar os centros educativos para os diferentes aspectos do proceso educativo, nomeadamente, a adaptación das programacións didácticas e polo tanto, dos criterios de avaliación, promoción e titulación do alumnado. Isto supón que sobre todo se reforzarán competencias e contidos do primeiro e segundo trimestre, e os imprescindibles do terceiro. A avaliación centrarase no realizado nos dous primeiros trimestres.  

Unha vez feitas estas adaptacións serán enviadas á Inspección e publicadas na páxina web do centro para o coñecemento da comunidade educativa.

Aproveitamos o comunicado para avisarvos de que por seren o venres 1 de maio festivo e o luns 4 de maio non lectivo, estes días non se facilitarán as propostas de actividades diarias. Retomámolas o martes 5 de maio. Poderedes atopalas no espazo habitual de Actividades nesta mesma páxina web.

Agardando que vos atopedes ben, recibide un cordial saúdo

O equipo docente do CRA de Coristanco - Santa Comba



page | by Dr. Radut