Concurso FICBUEU20

Esta fin de semana a alumna de 6º Alicia Dios Fajardo e a profe de música Olalla Otero Payno foron de paseo ao Centro Social do Mar de Bueu á gala de entrega de premios do FICBUEU a recoller un galardón como finalistas destes premios polo seu videoclip "Catoira Style".
Foi unha gala fermosísima na que a maiores disfrutaron da visualización do filme de cine mudo “O moderno Sherlock Holmes” coa música en directo de Olga Brañas ao piano.
Agradecer ao FICBUEU por ternos seleccionado e valorar o noso traballo e felicitar aos demáis participantes.
Estamos orgullosísimos co resultado!
Mágoa que por esta situación non puidésemos asistir todo o grupo...para a próxima seguro!
Deixámosvos o enlace por si alguén se despistou e non o veu!

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer