Dinamización lingüística

LETRAS GALEGAS 2024

Deixámosvos por aquí o resumo de actividades dos obradoiros e da romaría das Letras Galegas que fixemos na semana do 17 de maio. Este ano tocou homenaxear a Luísa Villalta, célebre escritora, docente e violinista galega sobre a que aprendemos un pouco máis nesta semana.

SEMANA DO LIBRO

 

Na semana do 22 ao 26 de abril conmemoramos a Semana do Libro no colexio. As titoras organizaron varias actividades para transmitir o importante que son os libros e a lectura. Tanto foi así que ata se caracterizaron de personaxes de conto que o alumnado debía adiviñar, escribindo nunha listaxe de que libro saíron.

 

 

Tamén se organizou un mercadiño solidario no que o alumnado intercambiou un quilo de alimentos por un libro da súa escolla.

 

SEMANA DA PRENSA

Ao longo deste pasado mes, fomos confeccionando este pequeno xornal do CPI Progreso nas etapas de E. Infantil e E. Primaria con acontecementos do noso día a día que tranformamos en noticia.

Este foi o resultado! Esperamos que vos guste!

 

 

 

ROTEIROS 23/24

Para rematar este 2º trimestre saímos coñecer a contorna do noso concello aproveitando que o bo tempo nos acompañaba. 

Dependendo do noso curso, fixemos diferentes rutas que se adaptaban ao noso nivel. 

Que boa forma de despedir o trimestre!

 

CONCURSOS LITERARIOS DÍA DA POESÍA E DÍA DA BANDA DESEÑADA

Con motivo da celebración do Día da Banda Deseñada (17 de marzo) e do Día da Poesía (21 de marzo) organizáronse dous concursos moi interesantes:

 

 

Aquí temos aos gañadores! Noraboa!

 

DÍA DE ROSALÍA

Para os galegos e para Galicia, Rosalía de Castro é algo máis ca unha escritora. Foi e é unha figura literaria e cultural tan importante para a nosa terra e lingua que dende a escola cremos merece unha especial homenaxe no seu día.

É por ese motivo que decidimos facer o noso propio libro ilustrado do seu coñecido poema "Adiós ríos, adiós fontes".

Agardamos que vos guste!

 

ENTROIDO '24

Como bos artistas que somos, neste curso 23/24 decidimos adicar o noso proxecto de centro á ARTE (como xa saberedes). Deste xeito, a temática do entroido non podía ser menos.

Con moito traballo e agarimo dende cada nivel escollemos un anaquiño de arte para poder representar cos nosos disfraces. E despois dunha semana cumprindo as instrucións dos mandadiños, chegou o momento do noso festival.

Deixámosvos por aquí, algunhas das fotos deste bonito momento que compartimos alumnado, profesorado e familias.

 

 

 

 

CALENDARIO 2024

Para a entrada deste novo ano, elaboramos de forma conxunta por niveis este fermoso calendario.

Damos comezo ao 2024!

 

CONCURSOS E ACTIVIDADES DE NADAL

Con motivo da celebración do Nadal, o alumnado de Primaria participou na elaboración de postais. Os materiais a utilizar eran libres e só debían botar a voar a súa imaxinación e creatividade.

 

 

 

Ademáis, mentres os maiores disfrutaron dun día no cine, os máis cativos baixamos ao auditorio a desfrutar da fantástica obra de teatro "O Apalpador e a nena sen medo". Cando rematou estábannos agardando nada máis nin nada menos que As súas maxestades os Reis Magos de Oriente!

 Penso que nos portamos tod@s moi ben porque nos deron agasallo a tod@s! Ata sacaron unha foto coas mestras... Sorriso

 

MAGOSTO 2023

 

O venres 24 de novembro celebramos o magosto con todo o alumnado do CPI. 

Ás 11 da mañá, o alumnado de 4º de ESO, preparou xogos tradicionais de distintos niveis para todas as etapas educativas. Puidemos xogar á petanca, carreira de sacos, tiro da corda e moitos máis! 

Cando xa estabamos moi cansos, fomos repoñer enerxías. E, para iso, degustamos unhas castañas que estaban riquísimas. Ademais de comer castañas, falamos, rimos e seguimos xogando ata que rematou o día.

 

Powered by Drupal - Design by artinet