Iniciar sesión: Acceso

Animación á lectura

Benvidos a nosa biblioteca

 

17 DE MAIO DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Aquí vos deixamos o traballo que fixo o alumnado da ESO na materia de Lingua Galega e Literatura para conmemorar este día. Premede na seguinte imaxe ou no arquivo adxunto 'LETRAS GALEGAS 2020' para visualizalo:

Dende Biblioteca, propoñemos que vexades estes videos para reflexionar sobre o idioma premendo nas seguintes ligazóns:

VIDEO 'A LINGUA GALEGA PARA RICARDO CARVALHO CALERO'

VIDEO 'O PORVIR DA LINGUA: RICARDO CARVALHO CALERO'

Tamén vos deixamos a ligazón ao blogue de Normalización Lingüística no que atoparedes unha publicación con actividades propostas. Relativo ao concurso de Ed. Infantil e Primaria das Letras Galegas sobre a realización dun cómic en galego, publicaremos a ligazón cos traballos e gañadorxs próximamente. Moita sorte!

LIGAZÓN LETRAS GALEGAS NORMALIZACIÓN

23 DE ABRIL: DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO

Dende Biblioteca elaboramos este vídeo confinados para conmemorar o Día Internacional do Libro deste 23 de abril. Preme aquí  ou na imaxe para ver o vídeo. Esperamos que vos guste!

 

Ademais, dende Normalización Lingüística organizamos un concurso de marcapáxinas en Ed. Infantil e Primaria. Aquí tedes a ligazón ao blogue de Normalización para ver os traballos presentados e xs premiadxs. Noraboa!

LIGAZÓN CONCURSO MARCAPÁXINAS NORMALIZACIÓN

A XUNTA DE GALICIA ABRE A TODO O PÚBLICO O SEU CATÁLOGO DIXITAL

Preme aquí para ver o vídeo de como acceder ao catálogo dixital da Xunta de Galicia.

Distribuir contido