Iniciar sesión: Acceso

Animación á lectura

Entrega de premios concurso "CARLOS CANEIRO"

O pasado 28 de abril celebrouse o acto de entrega de premios do II concurso de relato "Carlos Caneiro" convocado polo noso clube de lectura.

Ó acto acudiu o escritor Carlos Caneiro. O relato gañador foi "Atlántico, escrito por Beatriz Rodríguez, alumna de 1º de Bacharelato do IES Eduardo Blanco Amor, de Ourense. O segundo premio foi para o relato "Sorte aos 30", de Manuel Fernández, alumno de 3º ESO do CPI Tomás de Lemos, de Ribadavia.

O acto apareceu recollido uns días despois na Voz de Galicia.

Se queredes ver as todas as fotos da entrega de premios preme neste enlace.

II Concurso de Relato Curto "Carlos Caneiro"

 

 

Este curso, ó igual que no anterior, convocamos o noso concurso de relato curto, posible gracias á iniciativa do clube de lectura formado por alumnado da E.S.O., e apadriñado polo escritor Carlos Caneiro, que exercerá como presidente do tribunal que escolla o relato gañador.

Se queres consultar as bases ou ver o cartel, abre o arquivo adxunto. E se te animas a participar, desexámoste moita sorte.

Bases do ConcursoBases do concurso

 

Distribuir contido