Iniciar sesión: Acceso

Animación á lectura

PRESENTACIÓN DO LIBRO DE RELATOS CARLOS CANEIRO

O xoves, 20 de maio,varios alumnos e profesores do centro fomos invitados a participar nun acto do Círculo Poético Ourensano  no que se presentou un proxecto solidario relacionado coa creación de escolas e bibliotecas en Bolivia;  proxecto que incluía a presentación dun libro de poesía de varios autores, a súa venta irá destinada a dito proxecto solidario.

Ó comezo do acto, celebrado na sede social de Caixa Galicia, puidemos presentar o libro que recolle os relatos e poemas do certame literario Carlos Caneiro que este curso convocou o club de lectura Círculo Vermello.

Ó acto asistiron, como xa dixemos varios profesores, e os rapaces gañadores, os cales leron ante o público, acompañados por un guitarrista. Estes rapaces foron Clara Ortega, que gañou o certame de relatos coa súa obra A pequena bohemia; Raquel Amaranta, cuio relato Andadeira obtivo unha mención espeical; e Kiara Hervella, que gañou o certame co poema Teño medo.

Atopábanse tamén alí familiares destas rapazas e unha representación do IES Carlos Casares, como colaboradores do proxecto solidario que se estaba a presentar.

 

 

GAÑADORAS DO CERTAME DE POESÍA E RELATO CURTO CARLOS CANEIRO

 O Club de Lectura “Círculo Vermello” leva realizado nos seus tres anos de traxectoria diversos proxectos para o fomento da lectura entre a comunidade educativa, pero hai un que  destaca, a  convocatoria do Concurso de Relatos Curtos Carlos Caneiro. É un concurso no que participan  alumnos de todos os centros educativos de Galicia e o xurado está composta polos rapaces do club de lectura.

Ademáis, este ano, convocamos outro concurso de poesía para os alumnos do noso centro.

A gañadora do relato curto foi Clara Ortega Fernández  do IES Carlos Casares de Viana do Bolo polo relato Pequena Bohemia. O segundo premio recibiuno Raquel Amaranta Nogueira Fuertes do IES de  Monterroso polo relato A Andadeira.

No concurso de poesía a gañadora foi Kiara Hervella de 1º ESO polo poema Teño Medo.

Se queres ver as fotos preme neste enlace á galería de imaxes.

III CONCURSO RELATOS CURTOS "CARLOS CANEIRO" 2010

 

Convocamos o III concurso de relatos curtos "Carlos Caneiro". Se eres alumno o alumna da ESO ou Bacharelato e tes inquedanzas literarias, consulta as bases do noso concurso.

Poderás gañar un notebook e recibir no teu centro un exemplar do libro, onde publicaremos o relato gañador mais os participantes.

ANÍMATE A PARTICIPAR.

Para coñecer as bases do concurso preme neste enlace.

RECITAL DE POESÍA MEXICANA

 

 

   A poesía é o mellor medio para unir culturas e onte puidémolo comprobar no colexio. O grupo de traballo da biblioteca organizou gracias ao Círculo Poético Ourensano e a José Antonio Santos Guede un recital de poesía cuns convidados especiais.

  Desde as lonxanas terras mexicanas Roberto Reséndiz e Olimpia Badillo fixéronnos disfrutar dos seus versos e da súa mirada poética. 

 

 

 

Distribuir contido