Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023

Na última semana toda a Comunidade Educativa estivo a traballar a reo para despedir outubro coa súa festa grande, a celebración do Samaín.

E para relacionar esta celebración coa Liña temática deste curso "Mendelianos ao rescate", primeiro vimos a película "Wall-e" co fin de tomar conciencia dalgúns dos obxectivos que se pretenden acadar:

  • Coñecer o estado do planeta e os retos ecolóxicos aos que facer fronte.
  • Aprender a valorar a importancia de amar, respectar e coidar a natureza como patrimonio de todos.
  • Valorar e utilizar a reciclaxe como unha forma de respecto e coidado do noso planeta.
  • Desenvolver actividades de solidariedade, respecto polo medio ambiente, hábitos saudables..
  • Valorar a importancia das plantas para o desenvolvemento da vida no noso planeta.
  • Utilizar as películas como recursos motivadores para tratar os temas que interesen.
  • Desenvolver a atención

Así a decoración do centro, ademais dos elementos típicos desta festa, como son as pantasmas, morcegos e bruxas..., as familias crearon casas terroríficas con elementos de refugallo, o alumnado realizou murais e decorado de portas e corredores recreando a cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir.

Para fomentar o coidado e respecto, primeiro polo noso centro, o seu entorno e isto se vexa reflectido nun ben para todos e para o planeta contamos coa visita de Anxo Moure, que lle ofreceu á rapazada do centro, por niveis, a súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.

Un grupo de nais acudiron ao centro para facer contadas e xogos polas aulas de Infantil e Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes terroríficas.

Durante o recreo o alumnado da ESO participou nun concurso Spooky organizado polas profes de Lingua Inglesa, onde demostraron as súas dotes para a dramatización de terror.

E por último contamos coa visita de seres moi terroríficos que se pasearon polo centro asustando a toda a comunidade.

A continuación unha mostra do acontecido:

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023 de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA SAMAÍN 2023

Un curso máis chega o tempo de celebrar, e toca comezar coa festa do Samaín.

Este curso contamos co colaboración de invitados moi especiais, as familias e Anxo Moure,

cos que compartiremos moitas historias de medo, terror e a saber...hai que agardar ata o vindeiro martes 31 de outubro.

De momento, o Programa para ese día de festa e ide preparando o disfrace:

GRADUACIÓN 4º DA ESO

GRADUACIÓNS ESO 2023 de Entre estrellas que iluminan

EXCURSIÓNS FIN DE ETAPA

EXCURSIÓNS FIN DE ETAPA de Entre estrellas que iluminan

CURTAMETRAXE: "O TAMBOR DA MORTE"

O alumnado de 4º da ESO realizou unha curtrametraxe, nun traballo entre departamentos, sendo neste caso o de Lingua Galega e o de Plástica. Unha histroria creada durante as clases da materia de Lingua para logo facer gravacións e montaxe na materia de plástica. 

Preparados para ver unha historia de moitooo MEDO!!!

O TAMBOR DA MORTE de Entre estrellas que iluminan

RESUMO CELEBRACIÓNS SEMANA FIN DE CURSO INFANTIL E PRIMARIA

RESUMO FIN DE CURSO INFANTIL E PRIMARIA 2023 de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA SEMANA FIN DE CURSO 2022-23

Pasiño a pasiño o curso vai chegando a súa fin, e para celebralo no Centro levaranse a cabo algunhas actividades de Festa acompañando tamén, coma cada curso, ás GRADUACIÓNS do alumnado que remata etapa, así celebraremos as de 6º de E. Infantil, 6º de E. Primaria e 4º da ESO.

Á Festa de Graduación poderán asistir dous membros de cada familia como máximo.


TEATRO DE MONICREQUES: "UN SOÑO É..."

Un grupo do alumnado da ESO, na materia de Lingua Galega, organizaron un teatriño de monicreques para o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, nunha actividade interetapas na que todos o pasaron xenial. PARABÉNS!!

"Un soño é..." de Entre estrellas que iluminan

CONTO EN KAMISHIBAI INTERETAPAS: "EL GATO SOL"

O alumnado de 2º da ESO preparou e presentou un Kamishibai (teatriño xaponés) ao alumnado de 2º de primaria, como actividade interetapa na área de Lingua Castelá. 

Fixérono taaaaaan ben que o alumnado de secundaria animouse a gravar o conto que leva por nome "El gato Sol", tanto en vídeo coma en Radio escolar.

KAMISHIBAI GATO SOL (Post de Instagram (Cuadrado)) de Entre estrellas que iluminan

EL GATO SOL de Alba

CELEBRANDO DÍA DO MEDIOAMBIENTE

Celebrando Día do Medioambiente de Entre estrellas que iluminan

Distribuir contido


by Dr. Radut