Skip to Content


 

Extraescolares, Celebracións no Centro

MANDADIÑOS DOS MECOS

O vindeiro luns arranca a semana grande do Entroido, e con ela chegan os Mandadiños, este curso con dous Mecos (Eva e Wall-e), que cada día nos irán mandando traer algún detalle reciclado para ir entroidando. Compartimos por aquí para que vaiades facendo.

Animádevos a participar e celebrar!!

 

Mandadiños dos mecos de Marta Rey

CELEBRACIÓNS PRIMEIRA SEMANA DE ENTROIDO

Esta semana arrancou o Entroido no centro con moita enerxía, o luns co noso "Luns Papeleiro" no canto do Domingo Fareleiro. 

E o martes visita dos "Follateiros de Lobios" grazas á invitación da súa veciña e profe no centro, Rocío; tres representantes dos Follateiros compartiron o tempo de lecer, tanto da ESO coma de Infantil e Primaria coa rapazada.

Despois ofreceron unha charla explicativa, en dúas sesións para o alumnado de Infantil e 1º Ciclo primeiro, e logo para 2º Ciclo, 3º Ciclo e Aulas Específicas, nas que lles contaron ao alumnado como recuperaron a tradición deste traxe e como era a súa elaboración.

Tamén deixaron unha máscara única e orixinal como agasallo ao Centro, que recolleu a Directora.

Grazas a este grupo por recoller, conservar e compartir tradicións. PARABÉNS!!

LUNS PAPELEIRO de Entre estrellas que iluminan

Follateiros de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA CELEBRACIÓNS XANEIRO E FEBREIRO

Propostas 2 Trimestre de Entre estrellas que iluminan

FELICES FESTAS 2023-24

DENDE O CPI PLURILINGÜE JOSÉ GARCÍA GARCÍA, DESEXÁMOSVOS UNHAS FELICES FESTAS E UN MELLOR ANINOVO 2024, CO RESUMO DAS ACTIVIDADES REALIZADAS NO CENTRO CO GALLO DA CELEBRACIÓN DO NADAL

Felices Festas de Entre estrellas que iluminan

PHOTOCALL DE NADAL 2023 de Entre estrellas que iluminan

REPRESENTACIÓN CON TEATRO DE MONICREQUES DO CONTO "O APLAPADOR E INÉS" CREADO POLO ALUMNADO DE 4º ESO C, PARA OS COMPAÑEIROS E COMAÑEIRAS DE E. INFANTIL E 1º CICLO DE PRIMARIA, XUNTO CO NOSO APALPADOR:

TEATRO DE MONICREQUES de Entre estrellas que iluminan

Entrega de Premios e Festa Fin de Ano de Entre estrellas que iluminan

ÁRBORE COLABORATIVA INTERETAPAS de Entre estrellas que iluminan

POSTAL GAÑADORA E ACCÉSIT

Merry Christmas! de Entre estrellas que iluminan

PROGRAMA FESTA DE NADAL

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Como cada curso, ao chegar estas datas, ábrese o prazo para participar no concurso de Postais de Nadal.

Lembrade poñer nome e curso na parte posterior da tarxeta. Animádevos a participar, estaría ben que o deseño se corresponda coa Liña Temática deste curso "Mendelianos ao rescate", para salvar tanto a nosa Contorna coma o noso Planeta debemos Reciclar, Reducir, Reutilizar, Recuperar e Reparar; ademais de levar unha vida de hábitos Saudables.

A ACADAR O PREMIO!!

CELEBRACIÓN 25 N

25 N de Entre estrellas que iluminan

MELLORES MOMENTOS DO MAGOSTO 2023

PROGRAMA CELEBRACIÓN MAGOSTO 2023

Distribuir contido


by Dr. Radut