Skip to Content

Actividades de DO

Actividades no mes de abril.

- Día 3: Basquet adaptado (2.º A, 2.º B ESO; 3.ºA, 3.ºB ESO e 5.ºA).

- Día 5: Basquet adaptado (6.ºA, 1.ºA ESO, 1.ºA EP, 1.ºB EP, 5.ºB, 4.ºA EP e 4.ºB EP).

- Día 8: Charla sobrecondutas aditivas (1º.A e B ESO).

- Día 9: Charla sobrecondutas aditivas (2º.A e B ESO).

- Día 10: Charla sobrecondutas aditivas (4º. B ESO).

- Día 11: Charla sobrecondutas aditivas (6.ºA).

- Día 12: Charla sobrecondutas aditivas (5.ºA e B).

- Día 15: Educo, Protección contra a violencia (3.ºB ESO); Charla sobrecondutas aditivas (1.º A e B ESO); Obradoiro Braille da ONCE ( 2.ºA e B ESO)

- Día 16: Plan Director, Protección da Natureza (5.º A e B, 6.ºA e B); Plan Director, Acoso (3.ºA e B ESO); Charla sobrecondutas aditivas (2.ºA  ESO).

- Día 17: Charla sobrecondutas aditivas (4.º B ESO)

- Día 18: Campus TikTok (2.º A e B ESO)

- Día 22: Educo, Protección contra a violencia (3.ºA ESO).

- Día 26: Charla sobrecondutas aditivas (5.ºA e B).

- Día 29: Educo, Protección contra a violencia (3.ºA ESO).

 

Patios dinámicos

            

Patios Dinámicos e Inclusivos: todos os xoves nos recreos de educación primaria!

 

Relevo con globos por parellas

 

 Carreiras con culleres

 

 Pilla con aros 

Bailando con aros

 Relevo con obstáculos por parellas 

 Escondite-pilla na zona do monte

 

O CAZO DE LORENZO CONTINÚA DE PASEO POLO NOSO CENTRO

                                                                                  

Lorenzo estivo moi presente no entroido do noso Centro tal e como podedes comprobar. Risa     

Ademáis, chegou incluso ao alumnado de 2º e 4º da ESO da man da profe Ana en LC. Traballou co seu alumnado a mensaxe do conto animado "El cazo de Lorenzo", profundizando en contidos propios desta Etapa Educativa. 

A historia de LORENZO non ten idades e traspasa os muros das nosas aulas dende os máis cativos ata os nosos adolescentes.

         

O departamento de Orientación agradece a gran acollida que lle destes en todos os niveis!!!             

XOGANDO COAS MATEMÁTICAS

                                                                                                                                                       

Na titoría de 6ºA observamos a necesidade de axudar ao alumnado co pensamento matemático.

Un xeito de favorecer esta competencia é a través dos xogos, por este motivo a titora e a mestra de PT decidiron propoñer unha sesión semanal para este fin. A aula organizouse por rincóns para que todos e todas puideran participar. Traballamos deste xeito a xeometría e visión espacial cos Triminós, achegámonos de forma intuitiva ás ecuacións coa Illa pirata, ás operacións básicas coa Carreira de cálculo, repartimos pizzas coas fraccións... 

O alumnado tamén se animou a traer xogos de mesa con "perfil matemático". 

                                    

 

A Protección da Infancia

Actividade na que está a participar o alumnado de 3.º da ESO.

PREME NA IMAXE PARA ACCEDER AO CONTIDO

Distribuir contido


by Dr. Radut