Skip to Content

Actividades de DO

Dereitos humanos

 

O alumnado de 3.º ESO cuestiónase se se respectan ou non os dereitos humanos neste vídeo que realizaron coa formación de Educo.

Educo

O alumnado de 3.º A e B de ESO presentan o produto final da formación que tiveron con Educo: un decálogo de boas normas de convivencia e un resumo explicativo do Punto Laranxa contra o acoso escolar. En hora boa polo seu traballo!

Correspondentes xuvenís 23-24

O alumnado de 3.º e 4.º da ESO recibiron un diploma acreditativo e un agasallo por parte da Concelleira de Ensino, Cultura e Deporte de Bergondo polo seu labor como correspondentes xuvenís.

Xornada de convivencia co CRA de Bergondo 2024

O alumnado do CRA de Bergondo de 6.º de educación infantil visitounos o pasado venres 31 de maio para ter unha primeira toma de contacto co CPI Cruz do Sar. O alumnado de 1.º de primaria foron os encargados de recibilos con varias actividades e actuaron como fantásticos anfitrións!

CIFP Fragas do Eume: Cócteles saudables!

Hoxe o alumnado de 4.º ESO recibiu unha charla do CIFP Fragas do Eume

Distribuir contido


by Dr. Radut