Skip to Content

Actividades de DO

Orientación académica e profesional: CIFP Fraga do Eume

Hoxe o alumnado de 4.º ESO asistiu a unha presentación a cargo do profesor Gerardo Pereira do CIFP Fraga do Eume. Unha degustación de cócteles saudables e repostería para dar a coñecer a oferta educativa e as saídas profesionais que ofrece o ciclo de Restauración que imparten neste centro.

 

Carreira Runki e Fundación Adkai

Hoxe o alumnado de 6.º de educación primaria participou nunha charla onde a Fundación Adcai brindounos a posibilidade de achegarnos e visibilizar o dano cerebral adquirido, aprendendo valores relacionados coa empatía e a resiliencia coas persoas con diversidade funcional.

Contamos tamén coa presenza da responsable do Proxecto Enki, que nos animou a participar na "runkicarrera", unha iniciativa que se está organizando desde a asociación Move-T.

Os nosos fillos ven porno. Como actuar na familia?

Dentro do programa de charlas organizadas desde o CFR da Coruña, veñen de organizar esta ponencia sobre como actuar nas familias cando o alumnado ve porno.

Non fai falta inscribirse, só entrar desde esta ligazón:

 

https://eduxunta.webex.com/meet/cfrcoruna.

Porotección contra a violencia na infancia.

 

Que podemos facer nós para velar pola protección contra a violencia na infancia? Prevención, intervención, teléfonos de interese. Estes son algunhas das claves. FORMAR PARTE DA SOLUCIÓN E NON DO PROBLEMA, ESTÁ NAS TÚAS MANS!

Esta ponencia realizouse por Educo para todo o alumnado da ESO.

Como enfadarnos sen chegar a perder o control

         

O alumnado de 1.º e 2.º da ESO participou nesta charla sobre como aprender a xestionar a ira impartido por unha profesional da Fundación Amigó.

Distribuir contido


by Dr. Radut