XOGANDO COAS MATEMÁTICAS
Na titoría de 6ºA observamos a necesidade de axudar ao alumnado co pensamento matemático.
Un xeito de favorecer esta competencia é a través dos xogos, por este motivo a titora e a mestra de PT decidiron propoñer unha sesión semanal para este fin. A aula organizouse por rincóns para que todos e todas puideran participar. Traballamos deste xeito a xeometría e visión espacial cos Triminós, achegámonos de forma intuitiva ás ecuacións coa Illa pirata, ás operacións básicas coa Carreira de cálculo, repartimos pizzas coas fraccións...
O alumnado tamén se animou a traer xogos de mesa con "perfil matemático".