Skip to Content

Comedor Escolar 2024/2025

 

Xúntase PDF co modelo de solicitude de comedor escolar, segundo o modelo oficial da Xunta de Galicia, polo que o documento resulta un pouco diferente ao dos anos pasados.

O prazo de presentación vai dende hoxe, 27 de xuño ata o vindeiro 23 de xullo. Poden remitir o documento cumprimentado e asinado polo correo electrónico, sempre que veña escaneado en boas condicións para que sexan lexibles os datos e as sinaturas.

 

 

En relación coa solicitude de comedor escolar do curso 2024-2025, veñen de indicarnos dende a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación que se fixo unha modificación na normativa de comedores escolares da Xunta de Galicia, polo que:

NESTA CONVOCATORIA, deberán figurar na solicitude ambos titores, pai e nai, aínda que non haxa vínculo matrimonial entre eles, ou se atopen separados con custodia compartida. Polo que deberán aparecer no cadro que recolle os membros da unidade familiar, ambas persoas, pai e nai, sen vínculo matrimonial, e asinar ambos no apartado da derradeira páxina.

SOAMENTE non figurará o outro titor, nos casos de violencia de xénero ou nos casos de custodia exclusiva a un dos titores.

Así mesmo, temos indicación de que nos casos en que a familia, non facilite a autorización da consulta dos datos tributarios da outra persoa proxenitora, será encadrado na tarifa de 4,50€ por non achegar a documentación precisa para a tramitación da solicitude do comedor escolar.


É polo tanto, que pregamos cumprimenten a solicitude cos datos de ámbos titores, coa sinatura de ámbos, e respecto a tarifa, fagan o cálculo cos datos do IRPF 2023, ou no seu defecto cos datos fiscais que poden descargar do Sede Electrónica da AEAT.


Na solicitude deberán indicar os datos dos membros da unidade familiar, calcular a renda per cápita familiar cos datos do IRPF 2023 seguindo as instruccións das derradeiras páxinas.

Solicitude de comedor escolar


Respecto aos usuarios gratuítos, o modelo oficial da Xunta de Galicia, non recolle as situacións de usuario gratuíto nas que non se ten en conta a renda inferior a 7000€, polo que deberán vostedes anotar manualmente na solicitude XUNTO A CASILLA DE 0€ cál é a situación que se lles aplica, e xustificalo achegando a documentación correspondente, excepto si achegaron a documentación en cursos pasadosAs situacións de gratuidade sen ter en conta a renda per cápita son as seguintes:


1. SITUACIÓN EXCLUSIÓN SOCIAL: Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil pertencentes a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social certificada polos servizos sociais autonómicos ou municipais correspondentes.

2. ALUMNO/A EN ACOLLIDA: Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil que se atopen en situación de acollemento residencial ou familiar.

3. ALUMNO/A DISCAPACIDADE 33%: Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil cun grado de discapacidade declarado igual ou superior ao 33%.

4. UNIDADE FAMILIAR VÍTIMA TERRORISMO / VIOLENCIA DE XÉNERO: Os alumnos que cursen a ensinanza básica e o segundo ciclo de educación infantil pertencentes a unidades familiares vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero acreditada documentalmente.

Estas circunstancias deberán ser xustificadas na solicitude, excepto si achegaron a documentación en cursos pasados.

A solicitude de comedor deberá vir asinada polo declarante, o seu conxuxe e os fillos maiores de idade que convivan coa familia (según indica a 4ª páxina)

Saúdos

 

 



a | by Dr. Radut