Skip to Content

TRÁMITES FIN DE CURSO

 

TRAMITES CURSO

NUEVO CURSO 2023-2024

 

Las actividades lectivas del curso 2023-2024 se realizarán

desde el día 11 de septiembre de 2023 hasta el 21 de junio de 2024,

ambos inclusive.  

 

 

LISTAXES PROVISIONAIS

LIBROS de PRÉSTAMO da XUNTA DE GALICIA

 

Bo día, o vindeiro martes 4 de xullo, dende as 9 da mañá estarán dispoñibles na SECRETARÍA DO CENTRO EDUCATIVO as listaxes provisionais de admitidos e excluídos de 3º a 6º de Primaria, así como da Educación Secundaria, do Fondo Solidario e axudas de material escolar e libros da Xunta de Galicia.

 
Teñan en conta que ao ser listaxes PROVISIONAIS, non se indicará os títulos dos libros que van recibir, soamente se indicará si lles corresponden 4 ou 6 libros de préstamo, ou si non lles corresponden libros de préstamo.  Así mesmo, teñan en conta que o alumnado que se matriculou hoxe fora do prazo 27-30 de xuño, ou ainda non se matriculou, sairá excluido polo momento, ata que publiquemos as listaxes definitivas.
 
Para saber cales son os libros que recibirán deberán agardar polas listaxes DEFINITIVAS.
 
Se poderán consultar na Secretaría do centro educativo ou no aplicativo FONDOLIBROS, do cal xuntamos pantallazos explicativos, do xeito de acceso (sinalar que soamente poderá consultar os datos da solicitude a persoa titora que cumplimentou a solicitude, polo que o conxuxe, aínda que forma parte da unidade familiar, non terá acceso ao solicitude no aplicativo FondoLibros)
Sinalar que deberán acceder con CHAVE365 ou con DNI electrónico / CERTIFICADO DIXITAL
 
 
   
 
 
Dentro da aplicación, deben dirixirse á pestaña CIDADÁN na esquerda da pantalla.
Sinalar que dende o móbil o acceso resulta moi complicado e deberan poñer a pantalla en formato HORIZONTAL, para ter unha visión completa da aplicación.
Os datos do préstamo os verán accedendo polo ICONO dos LIBROS
 
image.png
 
 
Por protección de datos persoais non se expoñerán na páxina web, nin se permitirá facer fotografías das listaxes.
 
Se poderán presentar reclamación o vindeiro martes 4, mércores 5 de xullo e xoves 6 de xullo de 2023. 
 
As listaxes definitivas coa asignación de libros de préstamo, se publicarán en canto se resolvan as posibles reclamacións. No caso de non haber reclamacións, ou estar xa resoltas, as listaxes de Primaria se publicarán o venres 7 de xullo, no caso de Secundaria vai haber retraso pola configuración da oferta dos cursos da ESO, paso previo a facer o reparto dos libros de préstamo.
 
Sinalar que os libros de préstamo se entregarán ao alumnado durante os primeiros días do curso, durante o mes de setembro, aínda que pode haber retrasos pois en varios cursos, vai ser necesarios adquirir todos os libros novos por cambio de libros, e noutros casos deberemos incrementar as existencias de libros, polo que nestes casos poderá haber retrasos ata que o comercial que suministra os libros ao centro educativo dispoña dos mesmos.
 
 

 

 

 

 
 
 


a | by Dr. Radut