CONVOCATORIA DO FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO E DAS AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Con data de 19 de maio saiu publicada no DOG a convocataria para a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto e de Axudas para a Adquisición de Libros de Texto e Material Escolar para o curso 2020/21. O prazo de solicitude abrangue dende o día 20 de maio ata o 19 de xuño de 2020.
O fondo solidario está destinado ao alumnado matriculado en 3º,4º,5º e 6º de Educación
Primaria e 1º,2º,3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria. Pola súa parte a convocatoria
de Axudas para adquisición de Libros de Texto está dirixida ao alumnado que se matricule
durante o vindeiro curso escolar en 1º ou 2º de Educación Primaria.
A Axuda para a Adquisición de Material Escolar está prevista tanto para o alumnado de
Educación Primaria como de Educación Secundaria Obrigatoria que teña una renda per cápita
inferior ou igual a 6000€, sendo compatible e independiente (aínda que se realiza
conxuntamente no mesmo impreso) coa solicitude de calquera das modalidades anteriores.
Nos seguintes enlaces poñemos a disposición dos posibles beneficiarios as intruccións relativas ao desenvolvemento dos distintos procedimentos, así como o modelo (Anexos I e II) que hai cumprimentar para participar.
- Instruccións Fondo Solidario
- Instruccións Axudas para a Adquisición de Libros de Texto
- Modelo de Solicitude (común para os tres procedimentos)
- Acceso ao texto íntegro da convocatoria
Adxunto | Tamaño |
---|---|
axudas adqusición libros de texto cervantes.pdf | 47.64 KB |
fondo cervantes.pdf | 47.3 KB |