REAPERTURA DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2020/21
Segundo RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza dase publicidade ao Acordo sobre o restablecemento do procedemento de admisión de alumnado do 2º ciclo de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria e bacharelato en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2020/21.
1- REAPERTURA DO PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO 8 AO 18 DE MAIO. Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos do 11 ao 18 de maio.
2. NOVOS PRAZOS DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRICULACIÓN
a) De conformidade co artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demais prazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novos prazos do proceso:
- Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
- Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
- Poderanse formular reclamacións contra as listaxes provisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinte ao da súa publicación.
- Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
- Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
- Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.