AXUDA EXTRAORDINARIA USUARIOS COMEDOR ESCOLAR
ABERTO PRAZO PARA SOLICITAR AXUDA EXTRAORDINARIA USUARIOS COMEDOR ESCOLAR
Os usuarios de comedor escolar do centro con gratuidade total ou que pagaban 1 euro poderán solicitar unha axuda de compesación polos días en que permaneceu pechado o servizo pola declaración do estado de alarma por un importe de 2,50 €/día para os usuarios que gozaban de gratuidade total e 1,50 €/día para os usuarios que pagaban 1 euro.
O prazo de solicitude abrangue desde o 31 de marzo ao 6 de abril e realizarase por medios electrónicos a través da seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
LIGAZÓN Á CONVOCATORIA: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30697
LIGAZÓN AO IMPRESO DE SOLICITUDE: Anexo I Procedemento ED601B
No caso de familias que teñan dificultades para a presentación electrónica poden poñerse en contacto co centro no teléfono 982 82 89 40 ou no correo electrónico cpi.cervantes@edu.xunta.es para que axudarlles na cumprimentación, para isto precisaremos que nos acheguen por correo electrónico os datos do anexo cumprimentados ou ben por outros medios telemáticos (por exempo foto do anexo cumprimentado ou ben proporcionen os datos básicos identificativos por vía telefónica en ambos casos). Os datos básicos referidos son: Nome e apelidos do solicitante, DNI e nº de conta bancaria.