blogue depabloesqueira
Relación de LIBROS DE TEXTO para o curso 2021/22
A relación de libros de texto para o próximo curso estará exposta na porta de entrada do centro.
Os vales de material escolar e libros de texto poderanse recoller a partir do día 1 de setembro.
Solicitude COMEDOR ESCOLAR para o curso 2021/22
Imprimide e entregade a documentación cuberta na secretaría do día 1 ó 8 de setembro.
No centro hai modelos impresos a disposición de quen o necesite.
Calquera dúbida: cpi.cervantes@edu.xunta.gal
Día da muller (8M)
Dende a Biblioteca do CPI de Cervantes, compartimos este Tik tok conmemorativo do 8M, dicindo non a calquera tipo de violencia e sabendo que a igualdade entre as persoas é o único camiño.
Que pasedes un bo día!
Concurso "A ventá dos soños"
Parabéns para Natalia, que gañou o concurso "A ventá dos soños", no cal se valoraban debuxos onde o alumnado tiña que plasmar o que lle gustaría ter visto a través da fiestra do seu cuarto durante o confinamento.
Trátase dun concurso solidario onde os cartos recadados irán destinados á mellora das condicións de vida en países empobrecidos.
Plan de adaptación á situación COVID19 para o curso 2020/2021
Co fin de reflectir a realidade do centro, este plan será revisado periodicamente e se se dera o caso, modificado.