Patronaxe

Proxectos de Ciclo Superior: Feito por Laura

O PROXECTO DE LAURA

 

A industria téxtil é a segunda máis contaminante do planeta. “Feito por Laura” é o nome escollido por Laura para o seu proxecto e o seu obxectivo é facer que a xente sexa consciente da falla que fai que a industria téxtil mude cara o sostible. Entendemos por moda sostible aquela rama da industria da moda que ten en conta os custes económicos, sociais e medioambientais que supón a produción da moda. O movemento que iniciou a moda sostible foi o slow fashion que pretende conseguir unha redución da produción co fin de evitar a sobre explotación dos recursos naturais e humanos, por outro lado unha diminución do consumo, prolongando a vida útil das prendas. 

O Proxecto de Laura céntrase na realización de roupa feminina ecolóxica de alta calidade con tecidos de fibras naturais, suaves e hipoalerxénicas cuns prezos axeitados. Laura xa ten unha ampla experiencia no sector téxtil, co cal, viu a necesidade no mercado dunha roupa máis sostible, de máis calidade e cuns deseños innovadores. Os eixos principais de “Feito por Laura” son: 

-Emprego do algodón orgánico certificado GOTS de comercio xusto nos seus tecidos, fíos, etc... xa que non se traballa con outras fibras. 

- Unha liña de deseño actual, moderna, colorida e atrevida, debido a que moitas das empresas que abundan no mercado téxtil sostible non compren con estes requisitos, xa que falta deseño. 

-Todo o proceso produtivo é realizado a man en Galicia, o deseño, a patronaxe, o corte, a confección e os acabados. 

-Os materiais para a realización das prendas son comprados a pequenos comercios e tendas online de toda España. O provedor máis destacado de “Feito por Laura” é Nastasianash, unha pequena tenda de Valencia que vende tecidos online e con tenda física. 

-Para variar e renovar a imaxe da marca fanse coleccións que poden ser unisex ou inclusive que leven nais e pais a xogo cos seus fillos. 

O emprego do algodón orgánico certificado baixo o Estándar Téxtil Orgánico Global (GOTS) quere dicir que: 

- As sementes non foron modificadas xenéticamente (GMO). 

-Non se empregaron pesticidas nin outro químico que puidesen resultar tóxicos para a terra, persoas ou especies animais. 

-Os químicos en si empregados na cadea de subministro (xa sexan aditivos, lixivia, tintes, fixadores, estampados… ademais dos niveis de toxicidade destes químicos), necesitan cumprir cos estándares GOTS. 

Laura decidiu que o lugar máis axeitado para poñer en marcha este proxecto sostible é o baixo da súa casa, xa que ten moito significado para ela. Antigamente era un alpendre onde o seu bisavó e o seu avó gardaban os seus barcos de pesca, hoxe en día restaurado, un lugar axeitado, xa que gracias a internet, as ventas poden facerse de xeito online e así Laura non ten que abandonar o seu pobo natal. 

Presenta un conxunto dunha blusa e un peto multiposición. Os tecidos e fíos empregados son de algodón orgánico certificado GOTS mercados en Nastasianash. Blusa cun volante fruncido no colo, costadillo francés inclinado cara o centro dianteiro e centro da espalda onde están trasladadas a pinza de peito e talle no dianteiro e pinza de talle nas costas. Manga acampanada, goma elástica a 8cm do baixo da manga para axustar a manga ó brazo. Volante do colo, volante do costadillo francés e baixo da manga rematados con rulino ou cordoncillo. Os volantes do costadillo francés están colocados de tal xeito que coinciden como unha prolongación do peto da prenda inferior cando a persoa ten vestidas as dúas prendas. Peto longo mini, forrado, a parte superior do peto está forrada no seu interior co tecido da blusa para cando se baixa faga conxunto coa blusa, petos nos costados do dianteiro. Cinturilla recta con cruce para botón e ollal, tirantes con pespunte ó canto, cremalleira visible no costado de 25cm, baixo do peto rematado con puntada invisible.

Proxectos de Ciclo Superior: Irene López

O proxecto de Irene Gómez

Irene escolleu o seu propio nome para o seu proxecto “Irene Gómez” e xorde co fin de ofrecer un produto exclusivo e artesá. Produtos personalizados e adaptados tanto ao gusto como ao poder adquisitivo dos clientes. Prendas nas que a confección realizase unha a unha, coidando moito os acabados, sen estar suxeitas á produción industrial na que se elaboran miles de prendas iguais cuns estándares de calidade baixos. Busca ofrecer prendas atemporais que perduren no tempo, con calidade tanto na patronaxe coma na confección.

“Irene Gómez” permítelle ao cliente seguir o proceso produtivo, de xeito que pode ver como e quen elabora a súa prenda. Mantense unha relación moi estreita co cliente, enviándolle os mostrarios dos tecidos e imaxes do proceso de elaboración do produto para fortalecer a relación con el. Elabóranse coleccións que apostan pola sostibilidade, debido á súa produción de proximidade e deseño atemporal.

 

 

 

Vestido con costadillos que dan a sensación de ondas no escote dianteiro, e 6 godets no baixo (4 inseridos en cortes e 2 en costados laterais). Mangas abullonadas con goma elástica a diferentes alturas e costura francesa. A goma do ombreiro e a do pulso van escondidas nun dobradillo dobre. Cremalleira invisible no corte do centro do patrón na espalda. Peto na costura dos costados. Forro interior con vistas no escote.

Proxectos de Ciclo Superior: A Tientas Laboratorio Textil por Ana

O proxecto de Ana Bastero

Ana presenta A Tientas Laboratorio Textil (ALT), un espazo multidisciplinario para makers onde dáselle prioridade á formación e innovación na área téxtil, buscando, así mesmo, a interacción entre diferentes áreas de traballo tanto dentro deste espazo como en espazos amigos.

Innovación, Experimentación, Tecnoloxía, Téxtil, Moda, Deseño, Cooperación, Colectivo e Formación son palabras que poderían definir o proxecto de Ana. Proponse que o espazo ocupe e recupere parte do patrimonio industrial da cidade en desuso. Neste espazo faranse actividades coma coworking, prototipado para creadores (makers), cursos, talleres e eventos, entre outras. Formalmente estamos a falar dun FabLab especializado en téxtil onde o obxectivo é tanto formar coma aportar medios para que creadores (makers) poidan por en marcha os seus primeiros prototipos e pequenas producións. 

Presenta un vestido cóctel con liñas que resaltan e cínguense á silueta feminina, longo por baixo do xeonllo lixeiramente entubado. Cortes no dianteiro e nas costas que pronuncian dito efecto. Escote barco con pestana que se recolle xunto a uns pregues na parte posterior da manga 3/4. A manga e o ancho da pestana, que está entreteada, definiuno Ana cun traballo de moulage, partindo dun patrón base con manga xaponesa, pinzas transformadas e tecido a maiores na parte superior do escote e manga. A pestana comeza no escote e prolongase por toda a manga ata recollerse no puño. As pinzas do dianteiro, de peito e talle, están trasladadas ó corte de dianteiro. Este corte prolóngase cunha leve curva ata as costas pasando por debaixo da cadeira. As pinzas das costas están trasladadas en diagonal continuando a forma do escote espalda en dirección ó centro espalda, onde está a cremalleira.

 

 

Proxectos de Ciclo Superior: Misia por Paula

O PROXECTO DE PAULA

Paula foi a única alumna que presentou o seu proxecto no mes de xuño. Galega de nacemento pero residente dende hai anos en Canarias, por mor da Covid-19, tivo que presentar o seu proxecto de forma online empregando a plataforma de videoconferencias Webex.

      

O nome da súa empresa é MISIA, proven de Artemisia, unha reina guerreira da antigüidade que simboliza a fortaleza feminina.

A idea de negocio de Paula xorde como resposta a unha oportunidade detectada no mercado, actualmente saturado con prendas de baixo custe (segmento low cost) e que mostrou, nesta derradeira década, un crecemento continuado no segmento premium. Apareceu, neste tempo, o denominado “novo luxo”, que enmarca produtos artesás e/ou ecolóxicos, e xorde como resposta á forma da vida actual.

É un luxo que se caracteriza pola non ostentación, a autenticidade, a volta ós valores tradicionais tales como a artesanía e o interese pola ecoloxía. O concepto premium, ademais, xa non consiste en ter algo que custe moitos cartos, o que o cliente premium busca é a exclusividade. Ofrece colecciones cápsula, que non seguen o calendario estrito da moda e que ofrezan un número de pezas limitado.

Con esta estratexia ofrece calidade, sostibilidade e exclusividade.

No proxecto presenta un look de dúas pezas da colección do verán 2020, denominada “Maura”.

Crop Top forrado composto por dianteiro e costas, con escote cadrado, manga curta recta e forrada, canesú no dianteiro e costas, costadillos sen costura na liña do costado.

Saia co dianteiro fruncido e canesú en pico. Longo midi (75cm). Peto de vivos no traseiro dereito, abertura simple de 20cm no traseiro da saia e cerre con cremalleira invisible no centro traseiro.


 

PROXECTOS FINÁIS CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA 2018-19

 

 

Un curso máis os alumnos do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda realizan o proxecto no que demostran todo o que aprenderon nestes dous anos que dura o ciclo. Eles mesmos simulan o proceso de creación dunha empresa e despois pasan a elaboran os deseños das prendas, de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas. Todo o proceso de creación da empresa, deseño dos modelos, elaboración dos patróns, corte, confección e rectificación dos patróns fano eles mesmos, supón un grande esforzo. Por último teñen que expoñer e defender o seu proxecto perante un tribunal formado polo equipo docente do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.

Este curso Raquel máis Lucía elaboraron e defenderon o seu proxecto en galego. A gañadora do premio ós proxectos elaborados e defendidos en galego nesta ocasión foi Raquel que ademais realizou a FCT en Portugal a través da bolsa Erasmus+, obtivo matricula de honra no ciclo e conseguiu o certificado B2 Trinity en inglés, ¡¡¡ felicidades Raquel !!!!!.

 

 

Foto Raquel recollendo diploma premio Proxecto elaborado e defendido en galego.

 

 

 

Non presentou o seu proxecto en galego pero hai que facerlle tamén mención por defendela nosa cultura a Yenifer  xa que o seu proxecto ofrece prendas e complementos do folclore galego para o día a día.

Tamén podedes ver máis fotos dos proxectos no instagram patronaxemoda

 

https://www.instagram.com/patronaxemoda/

 

 

A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos, tamén fotos dos nosos alumnos/as posando cos seus proxectos ademais de patróns, escalados e marcadas feitos co programa informático Lectra V11.

 

 

O PROXECTO DE MICHELLE

Terry Wolf é unha marca de roupa de festa, ecolóxica e respectuosa co medio ambiente. Terry ven de Terra (empresa ecolóxica) e Wolf de lobo, un animal elegante e poderoso, cunha beleza natural que destaca, como o que se pretende conseguir cando os clientes vistan as prendas da marca. Presenta deseños atrevidos, cómodos e libres. O seu lema é “Para presumir non hai que facer sufrir” para vestir unha muller concienciada co planeta, unha muller forte e segura que quere destacar nos seus eventos.

Presenta un vestido inspirado en personaxes lenda do cómic coma Naruto ou Son Goku. Ambos visten de cor laranxa mesturado con cores escuras, coma neste caso no que Michelle mestura a cor laranxa coa negra. Romi Paku, actriz xaponesa que pon voz a personaxes anime tamén é fonte de inspiración para Michelle.

 

Vestido corto de satén e forrado. Ten unha soa manga acampanada de inspiración xaponesa de organza laranxa rematada en pico e repulgo no baixo. Ten un corte na cintura onde leva un peto interior e un pregue encontrado a cada lado na parte inferior do vestido. Leva incorporado un cinto de organza laranxa rematado con repulgo o cal anúdase nas costas. Colo mao ancho e costadillos franceses. No baixo do vestido leva cosidas tres cintas de cor laranxa.

 

 

 

MARCADA DE TECIDO

 

 

 

O PROXECTO DE THALÍA

Zaleia, nome grego do nome Thalía, é o nome que escolleu Thalía para o seu proxecto. Pretende vestir mulleres de vinte a trinta anos con vestidos e traxes para eventos para que sexan o punto de atención sutilmente. Para non pasar desapercibidas.

 

Presenta un vestido forrado e asimétrico de tafeta cor chocolate escuro. Vestido mini con colo cisne, cremalleira nas costas, dous petos nos costados. Traslado de pinza ó centro-baixo dianteiro, efecto V pinza oca. Dúas pinzas de talle na parte posterior Leva unha ombreira de 2,5cm de alto para realzar o ombreiro dereito. Tul fruncido  na parte interior da parte inferior do vestido para acentualo efecto abombado. Dous pregues tombados e o central encontrado. Manga con pregues na parte inferior. O outro lado do vestido é de sisas cunha vista interior.

 

 

 

DETALLE PREGUES DE MANGA

 

 

DETALLE TRASLADO DE PINZA ´0 CENTRO BAIXO DIANTEIRO, EFECTO V, PINZA OCA

 

 

 

ESCALADO DA PRENDA

 

 

 

 

O PROXECTO DE ALEJANDRO

 

¿Queres saber que é KREIS? Kreis é a firma de Álex, pretende crear unha proposta de moda de diario para todas aquelas persoas que buscan prendas de roupa onde o xénero non está definido, prendas que poden quedar ben a calquera persoa, xa sexa home ou muller.

KREIS, máis aló de vestir ás persoas, moda unisex. Circulo en alemán é Kreis, é o que teñen en común os símbolos feminino e masculino. Coleccións de moda onde os artigos están adaptados tanto a anatomía feminina coma a masculina.

 

 

Álex presenta un vestido branco forrado de longo ata os nocellos con costadillo francés, escote barco e aberturas nos laterais da parte inferior do vestido. Leva unha cremalleira invisible no costado dereito. Está decorado con diferentes encaixes na parte superior do vestido, un dos encaixes emprégao para disimular un peto. Agradecer a Aroa por prestarse de modelo.

 

 

 

 

 

 

MARCADA DA PRENDA

 

 

O PROXECTO DE ALBA

 

Baixo a firma co seu propio nome Alba Fernández, Alba crea unha empresa adicada a facer pequenas coleccións a medida.

 

Presenta un vestido inspirado no estilo grego. Vestido longo con costadillos redondos no dianteiro e unha lorza no escote pico dianteiro. O vestido é aberto nas costas con tres lorzas a cada lado, a derradeira lorza coincide coa pinza de talle. Manga tulipán con frunce na copa, petos nos costados, pregues tombados coincidindo cos cortes dos costadillos, o resto da parte inferior do vestido vai fruncida. Cremalleira no lado esquerdo. Remate con repulgo no baixo do vestido e das mangas.

 

   DETALLE DAS COSTAS E DO ESCOTE DIANTEIRO

 

 

 

O PROXECTO DE MARIÑA

Mariña creou unha empresa co seu propio nome, ademais de sela patroa da súa localidade natal, Cambados. Prendas novas, con estilo propio, tanto para o día a día coma para eventos. Unha empresa onde perséguese a orixinalidade, mangas con moito volume, lunares... e así é o conxunto que presenta para o seu proxecto, un Crop top de cor amarela e un pantalón campá de lunares.

 

O Crop top con traslado de pinza ó centro dianteiro con frunce, lazo no centro dianteiro. Manga xamón cun volante rematando as aberturas desta, baixo da manga asimétrico. O pantalón ten dous pregues no dianteiro e dous pregues nas costas ademais dunha goma na parte posterior para facer efecto frunce. Ten dúas aberturas frontais e petos nos costados.

 

 

 

 

 

ESCALADO DA PRENDA

 

 

 

O PROXECTO DE PATRICIA

Tras observar os problemas que supón acudir a un evento coma unha voda, bautizo, festa, cóctel... polo elevado prezo das prendas, Patricia crea a súa marca co seu propio nome “Patricia LLavona”. Este tipo de prendas, non son de uso cotiá, o cal supón un gasto elevado para empregalas unha vez e gardalas. Para elo propón alugar prendas, bolsos e accesorios para completa-lo look. Ademais os clientes teñen opción á compra, o ser prendas xa empregadas, o prezo diminúe. Deséñanse diferentes modelos, algúns repetiranse en varias tallas e outros serán diferentes pero empregando a mesma liña.

O seu slogan é “un vestido, mil historias”, a prenda como será alugada terá historias. Vestidos longos, midi, cortos, monos, saias, pantalóns, tops, blusas, bolsos, pamelas...

O conxunto que presenta está inspirado no vestido que empregou Lady Di na súa voda co Príncipe Carlos de Inglaterra.

Top forrado con escote pico. Dianteiro, nun lado presillas de cola de rato e no outro lado botoadura forrada co mesmo tecido que a prenda, 23 botóns e 23 presillas. En ámbolos lados  vemos tres pregues onde están incluídas a pinza de talle e a pinza de peito, aportando voo no baixo. Mesmo escote que o dianteiro nas costas, con dúas pinzas de talle a cada lado. Manga xamón de gran amplitude con grandes frunces na copa e no corte unión co puño. Puño axustado con 18 botóns e 18 presillas ó igual que a prenda.

 

Saia confeccionada en tecido azul mariño con lunares brancos. O dianteiro simula un pareo, centro superior fruncido cun lazo efecto cascada. Traseiro da saia con cremalleira de 22 cm no centro, pinzas e un peto escondido na costura na vista interior.

 

 

 

     DETALLE DO ESCOTE DIANTEIRO                            DETALLE DA MANGA

          

                              

 

                                                                                     DETALLE TRASLADO DE PINZA  DE TALLE E 

DETALLE DO ESCOTE DAS COSTAS E A MANGA                  PEITO A 3 PREGUES NO BAIXO

                          

 

 

 

 O PROXECTO DE YENIFER

 

Yeni crea a empresa ACT TRADICIÓN, tradición actual, roupa e complementos do estilo folclórico galego para o día a día. É un xeito de reivindicar a cultura e a estética galega. O tradicional non pasa de moda.

Presenta un conxunto formado por unha blusa e unha saia. Para confeccionar a blusa emprega como tecido o liño. Manga corta, colo mao cunha puntilla o seu redor e cun botón no centro. Ombreiro adiantado. No dianteiro leva catro lorzas verticais, dúas a cada lado da prenda, de 1cm de ancho e 0.5cm distantes unhas doutras. Cinco botóns de 16”. Nas costas ten dúas pinzas e no dianteiro ten traslado da pinza de talle e peito ó costado baixo.

 

Saia mini con vistas interiores e forro con puntilla no baixo. Ten dúas lorzas ó redor de 1cm tombadas para abaixo, entre cada lorza hai unha cinta de terciopelo negro de 1.5cm de ancho. Cremalleira invisible de 22cm no centro traseiro e dúas pinzas. No traseiro ten un lazo de terciopelo enriba da cremalleira e no dianteiro outro lazo na parte dereita enriba da primeira tira de terciopelo do baixo. No traseiro, ademais, leva no lado dereito un peto de plastrón no que Yeni aproveitou para incluír nel unhas castañolas (ver foto)

 

 

          

        

     

      

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ESCALADO DA PRENDA

 

 

 

O PROXECTO DE RAQUEL

TrendKiller nace a partir dunha necesidade propia de Raquel xa que o ter uns gustos musicais moi concretos, rock, metal,  nun mundo maioritariamente masculino, non podía apoiar ás súas bandas de musica favoritas mercando unha camiseta súa. Estas camisetas soamente se venden en versión masculina ou unisex. TrendKiller comeza ofrecendo camisetas de bandas rockeiras e metaleiras customizadas e adaptadas ás formas e gustos femininos.

Don´t conform, transform, TrendKiller “asasina de tendencias” representa a idea do estilo propio, en contraposición ás tendencias cambiantes. Raquel, con TrendKiller, pretende vender un estilo e non unha tendencia para mulleres que buscan diferenciarse. Quere ser un referente na roupa ligada a un estilo de vida e gustos musicais específicos. O igual que representa a autenticidade no estilo tamén gustaríalle, nun futuro, levar ese valor para facer unha colección ecolóxica, sostible e responsable.

 

Presenta un vestido de inspiración dos estilos Pin Up & Rockabilly. Vestido escote pico, con corte á cintura con efecto cinto e parte inferior ampla. Manga corta, con puños e pequenos frunces na copa. Pinza de peito trasladada en dúas partes, o talle en pequenos frunces debaixo do peito e o resto da pinza no corte debaixo do peito. Leva dous petos con vivos nas lapelas. Corte no talle en ascenso dende as costas ó dianteiro. Forro estampado tigre. Tachuelas de detalle na peza da cintura e nas lapelas.

 

 

 

 

 

ESCALADO DA PRENDA

 

  

O PROXECTO DE LUCÍA

Lucía comeza a exposición do seu proxecto recitando o poema “Adiós ríos, adiós fontes“ de Cantares Gallegos publicado o 17 de maio do 1863 por Rosalía de Castro.  Este poema fala dun emigrante que está a punto de embarcar rumbo a América e que se despide da súa terra, Galicia. Describe a situación que tiveron que pasar moitos galegos o emigrar no século XIX. Hoxe en día hai varios tipos de migración en Galicia, unha delas é a que acontece do rural ás cidades. Aínda que Galicia sexa un lugar excepcional para vivir, a realidade é que no rural, para traballar nun sector que non sexa a agricultura ou a gandería é máis complexo sen ser nas cidades. Para iso, a Lucía ocórreselle a idea de crear unha empresa que faga máis sinxela a vida nas áreas máis afastadas das cidades, no rural. Para a diminución da poboación no rural, Lucía crea, Fío de Liño, unha empresa individual que quere recuperar a tradición e tecidos galegos coma o liño. Roupa feminina nunha tenda móbil, unha fashion trucks, unha furgoneta con venda ambulante de roupa polo rural. Prendas cun estilo para levar a diario pero elegante.

Lucía presenta un conxunto de blusa con pantalón.

A blusa te un canesú con frunce no ombreiro. Traslado de pinza de peito a talle, colo mao rizado e mangas con corte e fruncido rematado no baixo cunha tira estreita.

 

Pantalón de cadros perfectamente casados . Pregues pequenos peto de oxal no traseiro do pantalón.

 

 

 

          

 

 

         

 

 

O PROXECTO DE PABLO

Pablo crea a marca Avello, o seu apelido. O seu slogan é “atopa o teu selo”. Estilo urbano, persoal e extravagante para mozos e mozas de 17-27 anos pertencentes o colectivo LGTBI. A súa finalidade é facer roupa adsequible, actual e que estea á moda. Prendas con fusión entre espazo e estrutura, formas espaciais, materiais ríxidos, aleróns, e volumes. Iso é o que conseguiu Pablo co conxunto que presenta no proxecto, top máis saia.

Top con traslado da pinza de peito ó baixo centro dianteiro. Corte no centro dianteiro e cinturilla. Alerón na costura da sisa. Parte traseira con pregues tombados ó costado e ocos nos costados. Mangas con cinco pregues tombados ó baixo.

Saia con peto dianteiro con volume. Traseiro con cortes polas pinzas e ocos no costado coincidindo co baixo. 

 

 

 

PROXECTO IRENE

 

Agen-tex é o nome da marca que escolleu Irene para o seu proxecto. Trátase dunha empresa de deseño e confección téxtil enfocada na elaboración de roupa para persoas con corpos non normativos. Irene expón que hai un segmento da sociedade non representado no mercado actual, as persoas transxénero. Ademais de vestir a persoas transxénero, tamén pretende vestir a membros do colectivo LGTB, creando unha moda andróxina, mestura prendas femininas e masculinas ata disipar a súa fronteira. Actualmente existen poucas tendas especializadas neste tipo de roupa. Por esta razón Irene pretende darlle unha solución. O seu lema é “A moda non ten xénero”. A modelo AndrejaPejić ou a actriz JamieClayton son fonte da súa inspiración.

 

Presenta unha blusa con manga xamón. A blusa ten 4 lorzas de 1cm de ancho a cada lado do cruce no dianteiro. Traslado de pinza de talle e peito a costado baixo. Manga xamón con abertura en forma de lágrima rematada cun vivo. Volante no colo de 3 cm e volantes nas mangas de 12cm de ancho. Contrastes en cor laranxa no colo bebé, vista e puños.

 

Saia de voo natural forrada e corte asimétrico dianteiro-traseiro, máis corto no dianteiro que no traseiro onde o longo é ata o chan. Cremalleira invisible no costado. Dous petos interiores rematados na súa boca por tapetas. Forro rematado no baixo con rulino ou cordoncillo. O igual que a blusa, tamén ten contrastes en cor laranxa na cinturilla, no vivo que remata todo o baixo da saia e nas tapetas dos petos.

 

 

 

 

 

 

PROXECTO NOEMÍ

Dende ben cativa Noemí xa mostra paixón pola costura e vocación creativa a través do téxtil. Comezou confeccionando vestiario para as súas bonecas e pouco a pouco foi afondando nos disfraces cada vez máis complexos. O seu interese e admiración polo vestiario histórico xurdiu na súa adolescencia lendo as novelas histórico-románticas da man de autoras coma JohannaLindsey ou JudeDeveraux. Pouco a pouco foise inmiscindo en eventos temáticos que seguen a corrente cultural Steampunkonde se fan unha serie de eventos cunha ambientación histórica como o baile AurumMasquerade en Santiago, A Rexencia en Madrid, o carnaval de Venecia, a Gala Nocturna en Bélxica e outros eventos en Inglaterra, Francia, Alemaña, Australia...A vestimenta histórica, tanto como peza artística, coma etnolóxica cáusalle unha profunda admiración a Noe.

A investigación previa para deseñar as prendas levouna a coñecer e admirar o traballo do precursor da alta costura Charles FrederickWorth. Coma unha pequena homenaxe a Worth, Noemí escolle como nome para o seu proxecto, 7 Rue de la Paix, a dirección da casa de modas deste pioneiro da alta costura tal e como hoxe a coñecemos.

Cada vez hai máis xente cativada pola vestimenta histórica, a súa complexidade, a riqueza dos materiais e dos seus detalles.... Moitas persoas deciden dar un paso máis e pasar de admirar estas prendas nos museos a vestirse en momentos puntuais con este tipo de vestimentas nos eventos anteriormente citados. Ademais a demanda é constante xa que a cada evento hai que levar un vestiario novo acorde á temática que os organizadores de cada evento escollen.

Por iso Noe, crea a empresa 7 Rue de la Paix para dar resposta a estas necesidades, comercializando patróns de vestidos históricos adaptados ás técnicas de costura actuais. Empregando un equipo de patronaxe informático e vendendo os patróns escalados para que os clientes poidan cortalos e confeccionalos eles mesmos na súa talla ou darllos a unha modista para que lle confeccionen os traxes empregando os patróns suministrados.

As prendas que presenta son un top e unha saia. Estas prendas que presenta Noe están inspiradas na moda de 1890 e precisan dunha enagua e un polisón axeitados ó peso, forma e material da saia. En función da data histórica empregábase unha lencería específica.

O top ten un escote cadrado amplo, o dianteiro e as costas teñen unha estrutura interior en coutil tipo corsé, totalmente emballenado, o cal enxalza a figura “S” tamén chamada “Peito de Pomba”. Manga corta acampanada de encaixe sobre seda armada con tul pregado metalizado. A parte inferior do top ten un drapeado estático, o cal para que non se abran os pregues tivo que ser entreteado cos pregues xa feitos. O baixo dianteiro ten forma redondeada. A parte superior do top está adornada con encaixe. O dianteiro ten cosidas a man estrelas de hematita de varios tamaños, colocadas aleatoriamente. O top está forrado. As cores da prenda son malva e púrpura. Empregou para o top os seguintes tecidos, Crespón satén, encaixe chantilly púrpura, coutil, tul pregado metalizado, tul dureza media e muselina de cor malva.

A saia é longa con cola e pregues traseiros. Presenta unha sobresaia corta tipo polisón suave de encaixe púrpura con estrelas de hematita cosidas a man de varios tamaños, colocadas aleatoriamente. A sobresaia ten unha tiras para poder engurrar ó gusto da persoa e un lazo con puntas en dous triángulos para poder atar nas costas.Ten un peto no costado que queda oculto baixo a sobresaia. Os tecidos que empregou na saia son crespón satén cor malva, encaixe chantilly púrpura, tul pregado metalizado e tafetán de cor malva. 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COMISIÓN AVALIADORA PROXECTO CONVOCATORIA XUÑO 2019

Patronaxe industrial en téxtil e pel: Juan Prieto González
Industrialización e escalaxe de patróns: Juan Prieto González
Elaboración de prototipos: Marta Mira Miñones
Técnicas en confección: Marta Mira Miñones
Materias en téxtil, confección e pel: Mª Xesús Gándara Lorenzo
Procesos en confección industrial: Mª Xesús Gándara Lorenzo
Xestión da calidade, prevención de riscos laborais e protección ambiental: Mª Xesús Gándara Lorenzo
Organización da produción en confección industrial: Mª Xesús Gándara Lorenzo
Análise de deseños en téxtil e pel: Luis Rodríguez Gómez
Moda e tendencias: Luis Rodríguez Gómez
Empresa e iniciativa emprendedora: María Elena Otero Eimil
TITOR 2º PAMO (titor proxecto, titor FCT e titor ciclo): Juan Prieto González

Distribuir contido