Confección

Trabajos de confección a medida- ZM Confección e moda

As alumnas do ciclo de Confección e Moda de reximen modular; acaban de realizar un vestido para elas a medida. Nos que se encargaron de todo o proceso tanto deseño, patronaxe, corte e confección.

¡Lles quedan como un guante!

Vestido de festa a escala 1:200

Traballos a escala 1.200, donde o alumnado realizaron este fermosos vestidos. Que están compostos por un corpillo  drapeado e unha saia de cola.

Curso de emprendemento para o alumnado de 2º de Patronaxe e Moda

Curso de emprendemento impartido por Marisa García

O alumnado de 2º de patronaxe do ciclo Superior de Patronaxe e Moda. No mes de decembro, recibiron nuha masterclass da modista Marisa García. Ela ten un pequeno atelier na cidade de Ourense, no que desenrrola roupa a medida, tanto como para as novias, madrinas,  invitadas, primeiras comunións...

Esta masterclass durou 6 horas no que o alumnado aprenderon as técnicas de drapeado e do entolado. Tamén se trataon outros temas como foron os inicios da ponente ou os aspectos que considera importantes para que unha empresa teña éxito.

 

PROXECTOS FINAIS CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA CURSO 2019-2020

Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda realizan o proxecto no que demostran todo o que aprenderon nestes dous anos que dura o ciclo. Eles mesmos simulan o proceso de creación dunha empresa e despois pasan a elaboran os deseños das prendas, de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas: deseño en plano, táboa de medidas, patróns, carta de escala, listado de pezasmodelos-marcadas, lista de fases, esbozo prenda e táboa de medidas da prenda rematada e escandallo da prenda. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas. Todo o proceso de creación da empresa, deseño dos modelos, elaboración dos patróns, corte, confección e rectificación dos patróns fano eles mesmos, supón un grande esforzo. Por último teñen que expoñer e defender o seu proxecto perante un tribunal formado polo equipo docente do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.  

Este curso ven marcado pola pandemia que estamos a padecer, a Covid-19. Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda deste curso aprazaron as prácticas da FCT máis o proxecto para as convocatorias xuño-agosto e setembro-decembro para poder ter unhas FCT reais nas empresas. Dende aquí moitas grazas ás empresas colaboradoras xa que nestes complicados momentos foron quen de colaborar na formación dos nosos alumn@s. 

Neste curso Ana B., Irene, Laura, Sandra S e Sandra M elaboraron e defenderon o seu proxecto en galego. 

Tamén podedes ver máis fotos dos proxectos no instagram patronaxemoda  

https://www.instagram.com/patronaxemoda/ 

A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos, tamén fotos dos nosos alumnos/as posando cos seus proxectos ademais de patróns, escalados e marcadas feitos co programa informático Lectra PGS-MODARIS V12.  

Indice

Distribuir contido