Patronaxe

O PROXECTO: AnotheR UniversE

 O PROXECTO DE SANDRA MARIÑO

Os gustos persoais de Sandra M., na hora de vestir, van máis polo estilo alternativo, coma o gótico, no que lle encanta somerxerse nos vestidos vitorianos longos escuros, con moitos detalles no seu corsé, cun aire de romanticismo ou de bruxería, tal como se inspira a ilustradora Victoria Francés. Tamén outros coma o grunge, emo; aínda que, decántase máis polo estilo urbano xaponés, no que tamén atópanse moitas sociedades diferentes, coma por exemplo: o visual kei, o cosplay, Lolitas (goth lolita, classic lolita, sweet lolita,...), etc. É dicir, estilos que no noso país son minoritarios, no que o factor da compra en liña (online) é chave para poder comprar roupa destes estilos. A maioría destas marcas pertencen a outros países, ou traballan a un nivel industrializado no que o tallaxe é moi pouco variado, facendo que (en parte) a algúns compradores teñan unha “pequena” sensación de inseguridade o mercar online. Outro factor que Sandra M. ten en conta é, a contaminación. Cada vez estamos máis concienciados no tema, pero aínda así o comercio online cada vez é máis grande. Con isto, Sandra quere poder apoiar o comercio (a ser posible) a nivel nacional, para así reducir custes de emisión de CO2 polo transporte.

 

A proposta de Sandra M. é AnotheR UniversE, “outro universo”. Elaborou o proxecto e defendeuno en galego. Esta idea emprendedora xorde dunha necesitade tanto propia, como a de darlle a este público unha oportunidade máis de atopar o que queren e que estea preto deles, polo menos, a nivel nacional. Será adicado ós xéneros da moda alternative fashion, no que vai máis centrado ás tribos urbanas coma o gótico vitoriano, urbano, cosplay e lolitas. Por outra banda, a personalización de prendas para este xénero ou colaborar con algún artista local ou nacional (de ilustración con inspiración manga) que sexa seguidor destes xéneros para crear deseños novos para complementos, camisetas ou abrigos. Tamén dar a oportunidade de facer roupa a medida e de axustar algunha medida no tallaxe da prenda a través da tenda online ou física.

 

O seu slogan é “Be Yourself” ( “se ti mesmo”).

 

Presenta un conxunto formado por unha blusa e unha saia fruncida con corsé aberta no centro dianteiro. O corsé ten peche con botóns e varillas de 1cm nas costas e de 0’5cm nos demais cortes colocadas no forro. O cruce no dianteiro traspasa un sobre o outro. Os picos que ten o corsé no frontal, adornan e danlle forma e, só son exteriores, pola parte de dentro (forro) vai recto. Baixo rematado con puntada invisible a man. Nas esquinas do baixo van rematadas e pechadas a máquina facendo inglete nos picos e peche da vista. Petos simples. A etiqueta coa razón social e coidado do tecido van na parte de dentro enganchado ó corsé no centro traseiro.

 

A blusa vai abotoada no centro dianteiro, manga xaponesa, volante con pregues cortado noutro tecido facendo contraste, rematado cun encaixe no escote. Escote rematado con vistas interiores entreteadas.

 

Curso de emprendemento para o alumnado de 2º de Patronaxe e Moda

Curso de emprendemento impartido por Marisa García

O alumnado de 2º de patronaxe do ciclo Superior de Patronaxe e Moda. No mes de decembro, recibiron nuha masterclass da modista Marisa García. Ela ten un pequeno atelier na cidade de Ourense, no que desenrrola roupa a medida, tanto como para as novias, madrinas,  invitadas, primeiras comunións...

Esta masterclass durou 6 horas no que o alumnado aprenderon as técnicas de drapeado e do entolado. Tamén se trataon outros temas como foron os inicios da ponente ou os aspectos que considera importantes para que unha empresa teña éxito.

 

PROXECTOS FINAIS CICLO SUPERIOR PATRONAXE E MODA CURSO 2019-2020

Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda realizan o proxecto no que demostran todo o que aprenderon nestes dous anos que dura o ciclo. Eles mesmos simulan o proceso de creación dunha empresa e despois pasan a elaboran os deseños das prendas, de seguido realizan os patróns e cortan e confeccionan o prototipo, este próbano e realizan os arranxos oportunos, para conseguir unha prenda perfecta. Paralelamente van elaborando as fichas técnicas: deseño en plano, táboa de medidas, patróns, carta de escala, listado de pezasmodelos-marcadas, lista de fases, esbozo prenda e táboa de medidas da prenda rematada e escandallo da prenda. Unha vez que as prendas son aprobadas, elaboran as escalaxes e marcadas. Todo o proceso de creación da empresa, deseño dos modelos, elaboración dos patróns, corte, confección e rectificación dos patróns fano eles mesmos, supón un grande esforzo. Por último teñen que expoñer e defender o seu proxecto perante un tribunal formado polo equipo docente do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda.  

Este curso ven marcado pola pandemia que estamos a padecer, a Covid-19. Os alumn@s do Ciclo Superior de Patronaxe e Moda deste curso aprazaron as prácticas da FCT máis o proxecto para as convocatorias xuño-agosto e setembro-decembro para poder ter unhas FCT reais nas empresas. Dende aquí moitas grazas ás empresas colaboradoras xa que nestes complicados momentos foron quen de colaborar na formación dos nosos alumn@s. 

Neste curso Ana B., Irene, Laura, Sandra S e Sandra M elaboraron e defenderon o seu proxecto en galego. 

Tamén podedes ver máis fotos dos proxectos no instagram patronaxemoda  

https://www.instagram.com/patronaxemoda/ 

A continuación presentamos os proxectos feitos polos alumnos, tamén fotos dos nosos alumnos/as posando cos seus proxectos ademais de patróns, escalados e marcadas feitos co programa informático Lectra PGS-MODARIS V12.  

Indice

Proxectos de Ciclo Superior: Shanti

O PROXECTO DE SANDRA S. 

Co motivo desta situación de pandemia que estamos a padecer, moitas persoas fixéronse conscientes do estilo de vida que queren levar, cambiando as présas e o estrés por unha vida máis tranquila e sosegada. Como consecuencia disto, moita xente está apostando de novo polo rural, son máis conscientes á hora de mercar e por elo comezan a apoiar ó comercio local. Ademais de todo isto, a Sandra gústalle o estilo casual e relaxado, decatouse que para mercar a roupa que lle gustaba, era preciso acudir ás grandes cidades, xa que as tendas locais da zona onde reside, ofrecen pouca variedade de produtos e estilos, así como escasa calidade. Por todo isto, Sandra decide por en marcha á marca Shanti, dando a posibilidade de ofrecer prendas de calidade e versátiles nun Concello situado no rural galego para as mozas e mulleres da zona, tendo como guía os seus gustos e estilos, sen a necesidade de ter que desprazarse ata as grandes cidades e vilas para mercar. Prendas únicas, exclusivas, versátiles e funcionais, que permiten a liberdade de movemento e que ben combinadas, poden empregarse tanto para o día como para a noite, conseguindo que as clientes poidan crear un bo fondo de armario con poucas prendas de boa calidade e duradeiras no tempo.. O nome de Shanti, para os amantes do ioga coma Sandra, esta palabra soaralles moito, xa que Shanti significa paz, tranquilidade, benestar ou felicidade. O obxectivo, é que cando alguén entre en Shanti, encontre un lugar tranquilo, con un ambiente cálido, onde a clientela se sinta a gusto e poida observar con calma cada produto. Ademais atoparán un trato único e exclusivo, con prendas que se poden adaptar ás medidas de cada clienta ou prendas feitas á medida, facendo que as clientas síntanse coma na súa casa.

Sandra presenta un vestido asimétrico corto fluído, cun corte na cintura, manga xaponesa e volante no escote rematado con cordoncillo ou rulino. O dianteiro, na parte superior, ten uns traslados de pinza a catro pregos que van tombados cara ós costados e na parte inferior, ten dúas pinzas de talle. Nas costas, na parte superior, tamén ten un traslado de pinza a catro pregos tombados cara ós costados e na parte inferior, leva un prego encontrado no centro das costas. O vestido cerra cun cinto á altura da cintura, o cal vai suxeito nos dous extremos superiores dianteiros (entrando o extremo esquerdo polo interior da prenda do costado dereito, saíndo e pasando polas costas ata atar co extremo do lado dereito). Ademais ten dous petos nas costuras dos costados e dúas mangas xaponesas curtas (a altura dos cóbados). A parte exterior do vestido, o volante e o cinto son dun crepe floral. O interior vai rematado con forro e vistas de 3 cm de ancho, que van entreteadas. O forro e vista inferiores van rematas con rulino ou cordoncillo na parte que vai sen coser, unidas ó vestido cunha puntada invisible. Para evitar que o tecido estire, na zona do escote e na dos costados da parte inferior, leva unha ligueta. 

 

Proxecto de Ciclo Superior: Meru Patterns

O PROXECTO DE MELANIE

Tras observar o crecente interese pola confección na casa, en gran parte causado polo emprego das novas tecnoloxías que permiten aproximar o noso oficio dunha forma sinxela e interactiva mediante vídeos explicativos, titoriais en blogs…etc., o afán do consumidor polo único, o exclusivo e ademais creado coas súas propias mans, fixo que a Melanie ocorréselle a idea de crear unha marca “Meru Patterns” para a creación dende cero de todo tipo de patróns (Saias, pantalóns, camisas, abrigos, bolsos e demais complementos) distribuídos de forma online a través da súa páxina web, onde se van subindo patróns xunto cunha guía de montaxe, un vídeo onde se explica dun xeito moi sinxelo toda a confección do deseño e un pequeno anexo onde recoméndanse os tecidos máis axeitados para a confección do modelo.

O principal obxectivo do proxecto de Melanie a través de “Meru Patterns”, é proporcionar todo tipo de patróns e crear unha gran galería online para que calquera persoa poida ter acceso a eles para logo que cada quen poida cortar e confeccionar na súa casa calquera deseño dun xeito sinxelo.

Melanie presenta un vestido liña A de longo ata o chan feito en Piqué Waffle e Tul. Este vestido combina partes en tul coma a peza dianteira superior, as mangas de media lúa cosidas ó corpo con costura francesa e o volante do peito. As outras partes do vestido, en conxunto o piqué e o tul, formando o corpo do vestido. A peza en piqué ten un longo ata o xeonllo namentres que o tul é máis longo e chega ata o chan. No dianteiro o escote é barco, en cambio, nas costas cae en pico, ámbolos dous rematados cun vivo de tul e pespunte. O escote
está rematado polo seu interior cunhas vistas entreteadas e o resto da prenda cun forro de longo ata o xeonllo coma o tecido de piqué exterior. O volante superior vai por todo o dianteiro, polo baixo da manga de media lúa e polas costas, vai fruncido e ten un ancho de 9cm. O baixo do vestido en tul e o volante da parte superior do vestido, van rematados coas ondas que tiña xa o tecido de por si. Petos nas costuras dos costados a 4cm por baixo da cintura. 

Distribuir contido