Taboleiro

 

PROBA EXTRAORDINARIA DE SETEMBRO 2019

FP Básica     Electricidade-Electrónica 

Día 2 lunes (no CIFP Ferrolterra)

  • 9:00 a 11:00h Comunicación e sociedade I AP 1-5
  • 11:30 a 13:30 Ciencias aplicadas I AP 1-5

Día 3 martes

  • 9:00 a 11:00h Instalacións eléctricas e domóticas TELO 3
  • 11:30 a 13:30 Equipamentos eléctricos e electrónicos TELO 3

Día 4 mércores

  • Reunión de avaliación as 12:00 h.
  • Entrega de notas as 13:00 h.

Admisión a ciclos formativos. 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2019

Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

 

<<< Mais informacion prema aquí >>>

Ainda temos ciclos de FP dual con vacantes e está aberto o prazo de solicitudes!!!!!

Ainda temos ciclos de FP dual con vacantes e está aberto o prazo de solicitudes!!!!!

FP Dual CS Deseño Fabricación Mecánica con Navantia Hai 9 prazas. Haberá un test profesional/proba en setembro.

FP Dual CS Desenvolvemento de Proxectos de Instalacións térmicas e de Fluidos con CT Ingenieros - Dinain.
Este ciclo é similar a Deseño, pero terá un perfil máis completo, de xeito que os futuros deseñadores teñan coñecementos dos equipamentos que deseñan: tuberías, válvulas, etc. O procedemento de selección e unha entrevista e test visual. Irán facendo entrevistas ate completar as prazas!!! Hai 3 prazas! Actualizado 3Septembro 2019

Mecatrónica con Tecnorenova en Vilalba. Hai 1 prazas. O procedemento de selección e unha entrevista ate completar as prazas!!!

Programación da Producción de Fabricación Mecánica en Demaq Hai 4 prazas. O procedemento de selección e unha entrevista ate completar as prazas!!!

Non son procesos exluintes uns de outros. simplemente hai que ir de un en un. Achegadevos ao centro e preguntade :)

Información xeral de admisión. Curso 2019/2020

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Este proceso establece un sistema de prioridades na adxudicación de prazas para cada centro educativo e para cada ciclo formativo (e, de ser o caso, de cada módulo profesional), así como os prazos de presentación de solicitudes e de formalización da matrícula.

Pasos a seguir para participar no proceso de admisión a ciclos:

  1. Si se cumpren os requisitos de acceso, utilizar o asistente informático para xerar unha solicitude web.
  2. No caso de ser necesario, levar dentro do período establecido, a solicitude web xerada co asistente informático a validar a un centro con oferta de FP sostida con fondos públicos.
  3. Consultar as listaxes de solicitudes (provisional e definitiva) e as de adxudicación nas datas sinaladas no calendario de admisión.
  4. No caso de ter adxudicación, durante o periodo establecido matricularse ou renunciar (a renuncia so é necesaria no caso do réxime ordinario).

Información sobre a reserva, matrícula e renuncia vía web

A aplicación informática “Ciclosadmision” permite o acceso a usuarios externos autentificados nos sistemas da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Deste xeito aquelas persoas participantes no proceso de admisión a ciclos formativos de Formación Profesional que facilitaron un enderezo de correo electrónico válido na súa solicitude poden ser usuarios externos da aplicación informática e acceder a determinados servizos en liña relacionados co proceso de admisión.

Estes servizos soamente estarán dispoñibles nos momentos que corresponda en función das fases do proceso de admisión. Antes de acceder á aplicación informática consulte a información. 

Réxime ordinario

Este réxime está organizado en dous cursos en quendas de mañá e tarde, segundo o horario establecido polo centro educativo

A asistencia ás clases é obrigatoria.

O alumnado que estea en condicións de pasar ao segundo curso ou teña que repetir o curso deberá realizar unha solicitude de admisión. Terá a praza garantida sempre que o curse no ano seguinte e por primeira vez no mesmo centro e ciclo. 

Réxime para as persoas adultas na modalidade presencial

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A xornada lectiva desenvólvese polo xeral en quenda de tarde-noite.

A asistencia ás clases é obrigatoria.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. Aínda que a praza non está garantida, cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión. 

Réxime para as persoas adultas na modalidade semipresencial ou a distancia

Este réxime está organizado en módulos que se imparten ao longo dos tres trimestres do curso.

A asistencia ás titorías e outros eventos formativos presenciais é recomendable, pero non obrigatoria. Si é obrigatoria a asistencia as actividades de avaliación de cada trimestre. Para a realización das actividades a distancia seguiranse as instrucións do titor/a do curso.

Para a obtención do título será preciso ter os requisitos de acceso e superar todos os módulos do ciclo formativo.

Nos módulos de ciclos LOE asociados a unidades de competencia o alumnado pode matricularse sen cumprir requisitos de acceso sempre que acredite dous anos de experiencia laboral no ámbito da familia profesional do ciclo formativo e existan prazas vacantes ao final do proceso.

Cada curso haberá que facer unha nova solicitude de admisión. A praza non está garantida, aínda que cada módulo superado incrementa a puntuación de participación no proceso de admisión.

Admisión a FP dual (Curso 2019/2020)

Requisitos das persoas solicitantes

  • Ter dezaoito anos ou facelos no ano natural en que comece o ciclo formativo.
  • Cumprir os requisitos de acceso aos ciclos formativos establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, segundo a redacción dada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora educativa, ou na disposición adicional terceira desta última lei, para poder matricularse en todos os módulos profesionais do ciclo formativo correspondente, e que se detallan no modelo de solicitude, no anexo I.
  • Carecer da cualificación profesional obtida e recoñecida polo sistema de formación para o emprego ou do sistema educativo, requirida para concertar un contrato en prácticas para o posto de traballo ou a ocupación obxecto do proxecto.
  • Non ter realizado con anterioridade un contrato de formación e aprendizaxe, e cumprir os requisitos establecidos na normativa laboral vixente para poder efectualo.
  • Non ter superado ningún módulo profesional do ciclo formativo do proxecto solicitado, agás que fose cursando outro ciclo formativo.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes

As persoas interesadas presentarán unha única solicitude, utilizando o formulario normalizado do anexo I, que se entregará nun dos centros que figuran na Oferta clasificada por concellopreferentemente no centro onde se oferte o ciclo para o que solicita admisión. A solicitude irá dirixida á dirección do centro educativo.

Se a persoa solicitante presenta máis dunha solicitude ou solicita máis dun proxecto, non se terá en conta a súa petición.

O prazo de presentación de solicitudes será desde o día 24 de xuño ata as 13.00 horas do día 2 de xullo de 2019.

 

Oferta de ensinanzas

Documentación

A solicitude de admisión, anexo I, deberá ir acompañada da seguinte documentación:

  • A solicitude de admisión, anexo I, código de procedemento ED513A. Lémbrase que non é de aplicación o límite superior de idade que figura no anexo.
  • Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.
  • No caso de non ter realizados os estudos ou as probas de acceso no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, certificación académica en que conste o expediente académico e o depósito do título, de ser o caso, ou o certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo ou da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

 

Calendario de fin de curso, xuño 2019: boletíns de cualificacións, reclamacións

Mercores 26: Entrega de notas finais:

- 1º Cursos de mañá e Probas Libres as 11:00h.

- 1º Cursos de tarde, e modular as 19:00h.

- 2º Cursos de maña e de tarde, e modular en FCT as 19:00h. durante acto fin de curso.

 

Os Días 27 e 28: Reclamacións ás cualificacións.

- Ciclos de mañá de 10:00 a 13:00h

- Ciclos de tarde de 18:00 a 20:00h

Probas de acceso a grao superior. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de

acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2019.

- Ver lugares e sedes

- Instrucións para a realización das probas

- Novas   "  Cualificacións definitivas  "

 

- Acceso aos exames e respostas da convocatoria do 2019

Probas de acceso a grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2019

Publicadas as instrucións e a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2019.

  

Máis información sobre a convocatoria

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2018-2019

A asistencia á xornada de acollemento e obrigatoria, a non asistencia implica a baixa de oficio en todos os módulos, e non poderán presentar solicitude de inscrición nas probas no curso seguinte. Nesta xornada  informarase aos alumnos sobre o desenrolo das probas, aclararanse as dúbidas que teñan e amosaranse os lugares de celebración das mesmas.

BAIXAS DE OFICIO
Aquelas persoas matriculadas que non asistan xustificadamente á xornada de acollemento ou a calquera das partes da proba de cada módulo profesional causarán baixa de oficio, o que implica a perda de toda a matrícula na proba. Para os efectos de determinación da baixa de oficio, a comisión de avaliación valorará as circunstancias na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido nas Normas de Organización e Funcionamento.
A xustificación deberá presentarse no centro antes de transcurridas 24h da falta ou se procederá á baixa de oficio de todo o proceso

  • XORNADA DE ACOLLEMENTO: 4 de xuño ás 12:00 horas
  • PERÍODO DE REALIZACIÓN DAS PROBAS: do 5 ao 20 de xuño
  • AVALIACIÓN: 24 e 25 de xuño
  • ENTREGA DE NOTAS: 26 de xuño

 <<Directrices e calendario xeral>>

 <<Prazas vacantes de probas libres>> período de matrícula desde as 9:00 horas do 15 de maio ata as 13:00 horas do 22 de maio de 2019.

 <<listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas>>

<<Probas libres para a obtención de títulos FP (LOE). Prazas vacantes>> desde as 9:00 horas do 24 de maio ata as 13:00 horas do 31 de maio de 2019.

A matrícula realizarase por estrita orde de chegada.

 

 

  Programacións e Calendarios das probas

 

Normativa: