Taboleiro

 

Medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo

 

Publicada a Resolución do 23 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa,

pola que se adoptan medidas excepcionais no desenvolvemento das ensinanzas de formación profesional do sistema educativo

e nas ensinanzas de réxime especial.

 

INFORMACIÓN PARA O NOSO ALUMNADO

Os profesores que xa viñan usando a aula virtual seguen a mandar contidos dende esta,

outros moitos profesores están crear novos grupos e mandarvos información

ao correo electrónico que  facilitaches na matricula do centro ou os vosos profesores.

Tamén estase a utilizar ferramentas de teleconferencia como (skype, Webex, Google Hangouts,

Jitsi, Zoom etc. )

Estade atentos a ese correo para poder seguir recibindo novas de clases, tarefas e contidos.

Aqueles que non facilitaches un correo poñédevos en contacto con algún compañeiro

e dádelle un correo electrónico voso  para que o poida enviar os profesores.

Probas de acceso a grao medio. Listaxes provisionais de inscrición e exencións. Convocatoria 2020

Publicadas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e as listaxes de exención para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Reclamacións contra a listaxe provisional. Mentres dure a situación derivada da pandemia por Covid-19, será posible presentar

a reclamación a esta listaxe a través do correo electrónico probas.ciclos@edu.xunta.gal, con independencia de que con posterioridade se estableza

o período de reclamación presencial nos centros de inscrición.

Será imprescindible facer referencia ao número de código de solicitude que figura debaixo do código de barras do resgardo da solicitude

de probas de acceso de grao medio. Poderá xuntarse, en formato electrónico, canta documentación complementaria se considere necesaria.

Quen presente reclamación por esta vía non precisará realizar ningún trámite posterior no centro de inscrición no prazo que se abra a tal efecto.

As persoas que solicitaron adaptación da proba, e facilitaron un correo electrónico válido na solicitude, recibiran unha comunicación individual da resolución

de proba adaptada desde o correo probas.ciclos@edu.xunta.gal nos próximos días. No caso de non recibir a devandita comunicación poderán solicitala

no teléfono 881 99 74 08. Para este fin deberán ter a man o resgardo de solicitude xa que lle pode ser requirida información da mesma,

incluíndo o código de solicitude que figura debaixo do código de barras.

Probas de acceso grao superior. Sedes e listaxe definitiva solicitudes e exencións. Convocatoria 2020 !! NOVAS Aprazamento da celebración da proba !!

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

Publicada a asignación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior na convocatoria ordinaria 2020.

Máis información sobre a convocatoria

 

!!! Novas !!!  Aprazamento da celebración da proba. Convocatoria 2020

Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.

Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.

 

 

I Concurso de Ideas Emprendedoras CIFP Ferrolterra: "A túa idea nun minuto"


 

A TÚA IDEA NUN MINUTO

  • Se tes unha idea de negocio,  o CIFP Ferrolterra convoca o  I Concurso de ideas emprendedoras.

- E o momento de que a des a coñecer. Ademáis, a túa idea pode ter premio €€€€€

- Pode participar todo o alumnado do centro (matriculados no curso académico 19_20) de 1º e 2º curso, individualmente ou en equipos de 3 ou 4 participantes

- O prazo de presentación de ideas é do 2 ao 15 marzo. Para  incribirte no Concurso enche o formulario que aparece no enlace

                  https://forms.gle/XPfNtSWBuUxvCLXT8

ou a través do QR que aparecen no cartel do concurso que encontraredes colgado polo centro. 

- Se precisas asesoramento ou seguimento para a túa idea a Coordinación de emprendemento e o profesorado do Departamento de FOL están ao teu dispor.  (Axudámosche a que expoñas a túa idea.)

- Terás  1 minuto de tempo para facer a presentación da túa idea do xeito que ti desexes e coa ferramenta que ti escollas (Imaxe corporativa, video, prezzi, xogo, cartel, prototipo,…) recorda que a presentación é o que vai ver o xurado.

- O acto de presentación das ideas terá lugar o día 18 de marzo ás 13:00hs.

- O xurado estará composto por  profesorado e  alumnado das familias profesionais do centro. Ademáis  o alumnado asistente votará directamente, no acto de presentación das ideas,  aquelas 3 que consideren as mellores.

- As 6 mellores ideas serán votadas dacordo ao seguinte criterio: 50% votación do xurado e 50% votación do alumnado presente. No caso de empate prevalecerá a puntuación do xurado.

- As mellores ideas terán premio en metálico máis unha  visita guiada a empresas do sector,  para que coñezades aos emprendedor@s da comarca de Ferrolterra.

    •  1º premio:  250 €
    •  2º premio:  150 €
    •  3º premio:  Catro premios de 50 €

- Aquí tedes a táboa para a valoración das ideas que se presenten e que o xurado utilizará para valorar as vosas ideas (TÉDEO EN CONTA!!!!!):

           

- ANIMADEVOS A PARTICIPAR, ESPERAMOS AS VOSAS IDEAS

- AS MELLORES IDEAS TEÑEN PREMIO!!!!!!!

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020, con data do 19 de febreiro de 2020.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación poden coñecer os erros detectados accedendo ao seu expediente na ligazón www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expediente>>. Recorde que para entrar na aplicación necesitará autenticarse previamente. Tamén poden consultar no centro onde teña dirixida a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente imprimila, asinala e presentala, xuntando a documentación que corresponda, na sede onde solicitou realizar o procedemento.

Medio de presentación da emenda e/ou reclamación: A solicitude de emenda ou reclamación xunto coa documentación poderá ser presentada mediante a sede electrónica da Xunta de Galicia, ou no propio centro de maneira presencial ou mediante correo certificado.

Para aquelas persoas que non se atopen nas listaxes e sempre que teña seguido, e só no caso, o procedemento establecido para a presentación da solicitudes, isto é, ter rexistrada a súa solicitude na aplicación www.edu.xunta.es/acreditacion e entregada a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, deberá presentar reclamación dirixida ao centro elixido para realizar o procedemento por algún dos medios establecidos no parágrafo anterior.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias e que deben consultar as listaxes de persoas que deben emendar documentación.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves 20 de febreiro ao xoves 5 de marzo de 2020, ambos os dous incluídos.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

15006754 - CIFP Ferrolterra

Solicitantes con documentación apta para ser baremada

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación

Charla de Innovación en tecnoloxías electrónicas, robótica e programación

Dita charla será este venres dia 29 no salón de actos do centro en horario de 10:45 a 12:45 

para todos os profesores e alumnos da rama electricidade - electrónica
Poñente: Doutor en robótica da universidade de Valencia
  •  Leopoldo Armesto Ángel

¿QUERES TRABALLAR?

¿Tes dúbidas de cómo mellorar o teu curriculum para envialo a unha empresa?, ¿Necesitas axuda para preparar a tua entrevista de traballo?, ¿Sabes que hai una bolsa de emprego no centro?….e funciona moi ben xa que moitos compañeiros atoparon traballo grazas a ela¡¡

Aproveita o servizo de Orientación Laboral que temos no noso centro. Si eres alumn@ ou exalum@ podes consultar todas aquelas cuestión laborais que te interesen: Bolsa de emprego, currículum, carta de presentación, entrevista de traballo, etc.

Estamos no departamento de Formación e Orientación Laboral

Xoves de 11:45h a 12:45h e de 13:00h a 14:00h

Venres de 13:00h a 14:00h

Ven a visitarnos ¡¡ Podémoste axudar!!

Admisión. Ciclos formativos liberados ou con prazas vacantes

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 3 ás 9:00 horas ata o día 27 de setembro ás 13:00 horas.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para ás ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas vacantes. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

Para solicitar a matrícula en módulos do réxime para as persoas adultas con prazas liberadas empregarase o anexo II.

A matrícula en calquera ciclo con prazas vacantes implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

<<< Mais información>>>

FP DUAL, últimas prazas!!!

- 5 Prazas no CS de Programación da Producción en Fabricación mecánica

     (empresas demaq e Acebrón)

 

- 9 Prazas no CS de Deseño en FM  (empresa Navantia)

 

- 3 Prazas no CS de Desenvolvemento de Proxectos de instalacións térmicas

    ( empresas Dinaín - CY Ingenieros)

 

- 1 Praza en Mecatrónica (empresa Tecnorenova)

 

- 1 Praza no CS de Mantemento electrónico

    ( empresa Electrónica y comunicaciones del noroeste)