Taboleiro

 

Formación Profesional Dual. Listaxes provisionais de solicitudes. Curso 2020-2021

Publicación das listaxes provisionais de solicitudes de admisión a proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.

O prazo de reclamación contra estas listaxes abrangue desde o xoves 9 de xullo ata as 13:00 horas do luns 13 de xullo de 2020. A reclamación deberase realizar no centro onde se presentou a solicitude.

As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmisión.

Réxime para as persoas adultas

Nova publicación das listaxes provisionais de solicitantes do réxime para as persoas adultas que actualiza a baremación por módulos xa superados. As listaxes actualizáronse ás 14:15 horas do 13 de xullo de 2020.

Modalidade presencial

  
Modalidade distancia

Calendario do proceso de admisión a ciclos de formación profesional e de FP dual. Curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. Nesta ocasión, inclúense tamén os prazos para pedir praza en cursos de especialización, que se impartirán este ano por primeira vez e que van dirixidos a persoas xa tituladas en ciclos formativos. 

 

Admisión a ciclos ordinarios FP 2020-21

 

O prazo de presentación de solicitudes nos réximes ordinario e para as persoas adultas–presencial e a distancia comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h.

Podes consultar o seguinte video de axuda para a creación dunha solicitude web:

https://www.youtube.com/watch?v=TMRJTMi-xyY

A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 21 de xullo ás 9 h., ata o 27 de xullo ás 13 h.

A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 29 de xullo ás 9 h. ao 31 de xullo ás 13 h.

Admisión a ciclos Dual FP 2020-21

 

Canto á FP Dual, a presentación de solicitudes será tamén entre o 25 de xuño ás 9 h. e o 8 de xullo ás 13 h.

O período de selección por parte da empresa colaboradora irá do 15 ao 17 de xullo, e as persoas finalmente seleccionadas poderán matricularse do 20 de xullo ás 9 h. ao 27 de xullo ás 13 h.

<<< Máis información >>>

Acreditación de competencias 2020 !! Calendario de celebración das reunións grupais de asesoramento por especialidade !!

Electricidade e Electrónica. Venres 26 de xuño, ás 12:30.

 

•MELE01 - Instalacións eléctricas e automáticas. 

 

Fabricación Mecánica. Venres 26 de xuño, ás 12:00. * farase unha reunión telemática para os candidatos que non residan en Galicia, o venres 26 ás 19:00.

 

•MFME01 – Mecanizado.

•MFME02 - Soldadura e Caldeirería.

 

Instalación e mantemento. Venres 26 de xuño, ás 10:30.

 

•MIMA01 - Instalacións frigoríficas e de climatización.

•MIMA02 - Instalacións de produción de calor.

 

Transporte e Mantemento de Vehículos. Venres 26 de xuño, ás 10:00.

•MTMV01 – Carrozaría.

•MTMV02 - Electromecánica de vehículos automóbiles.

 

Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas. Convocatoria 2020

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2020.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante a Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 13 de xuño ao 12 de xullo de 2020, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditación, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

15006754 - CIFP Ferrolterra

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas

Listaxe definitiva de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria

!!! Ultima Hora !!! RENFE (Oferta de Empleo 2020) Operador de Mantenimiento: Reabierto el plazo de inscripción desde el 8 de junio hasta el 17 de junio.

Convocatoria de Ingreso de Personal Laboral Fijo en el Grupo Renfe para la cobertura de 170

puestos de Operador de Ingreso de Mantenimiento y Fabricación para Ámbito Estatal.

distribuidos, como se indica a continuación:

 

  • 38 Electricidad-Electrónica (PO2020/503).
  • 86 Ajustador-Montador (PO2020/504).
  • 26 Máquinas-Herramientas (PO2020/505).
  • 9   Calderería/Chapa/Soldadura (PO2020/506).
  • 11 Suministros (PO2020/507).

Los puestos de trabajo tendrán como referencia las condiciones laborales y retributivas

establecidas en el Convenio Colectivo del Grupo Renfe.

 

<<<< AMPLIA A INFORMACION NESTE ENLACE >>>>

Convocatoria para o curso 2019-2020 de probas libres para a obtención de títulos LOE de FP

Publicada o día 29 de maio de 2020 a convocatoria para o curso 2019-2020 de probas libres para a obtención de títulos LOE de FP (Resolución do 29 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se adoptan medidas para o desenvolvemento da convocatoria do curso 2019-2020 das probas para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de ciclos formativos de formación profesional dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación), queremos destacar:
 
·O período de presentación de solicitudes de matrícula será do día 1 ao 12 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. A matrícula farase en XADE (como matrícula do curso 2019-2020) previa comprobación do cumprimento dos requisitos de acceso.
 
· A presentación de solicitudes de matrícula farase no centro de 1ª opción.
 
·Terá consideración de matrícula efectiva a solicitude presentada no período de presentación de solicitudes sempre e cando a persoa solicitante cumpra os requisitos de acceso para as probas libres para títulos LOE en prazas liberadas.
 
·As persoas solicitantes que non cumpran os requisitos notificaráselles individualmente ou ben no momento de presentación da solicitude de matrícula, ou con posterioridade se nese momento non fose posible.
 
 
·No caso de que a demanda de prazas exceda as ofertadas, o centro estará autorizado a incrementar o límite establecido de prazas ofertadas sempre que non supere as posibilidades organizativas do centro.
 
·As probas realizaranse na primeira quincena do mes de setembro. Os centros deberán elaborar no mes de xuño o calendario das probas de setembro para informar ao alumnado.
 
 

Probas de acceso a grao medio. Listaxe definitiva de solicitudes. Sedes e instrucións. Convocatoria 2020

Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2020.

Publicadas as instrucións e a asociación de centros e sedes para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2020.

Máis información sobre a convocatoria

Calendario de Becas 2020: Un mundo por explorar

Información sobre Becas 2020 para viaxar, para estudiar en España, e no extranxeiro, aprender idiomas ou facer prácticas.

 

<<<< Mais información >>>>

 

INFORMACIÓN UNIVERSIDADE DE VIGO

Xornada de Portas Abertas Virtual

O día 14 de maio, na Xornada de Portas Abertas Virtual, poderás preguntarlle ao profesorado das diferentes titulacións todas as cuestións que precises para definir o teu futuro académico. En función do ámbito de coñecemento que che interese, entra na sala que corresponda coa clave de acceso.

O acceso á sala directo está limitado a 101 persoas. Unha vez completada a capacidade só se poderá seguir a sesión a través do streaming directo.

O vindeiro 14 de maio #ConectaCoaUVigo!

https://www.uvigo.gal/ven-uvigo/centros-secundaria/orientacion-academica/conectacoauvigo/xornada-portas-abertas-virtual

Departamento Información y orientación profesional

Informase ao alumnado, Usuarios e Familias, poden solicitar información de temas relacionados coa orientación académica e profesional:

  • Acceso a ciclos
  • Probas
  • Admisión en ciclos 
  • Oferta de ciclos 
  • Información de acreditacións
  • Equivalencias 
  • Certificados de profesionalidade 
  • Itinerarios profesionais 
  • Formación profesional básica 
  • Premios extraordinarios de formación profesional 
  • Formación profesional dual
  • becas ...

 

que poden poñese en contacto a traces do correo do departamento de Información e orientación profesional 

 

    orientacion.cifp.ferrolterra@edu.xunta.es