Saltar navegación

2. Esquema mínimo dun documento HTML

  • Un documento HTML comeza sempre coa etiqueta <HTML>, que indica que o documento en cuestión está construído coa devandita linguaxe.
  • A maioría das etiquetas son "pareadas", é dicir, <...> corresponde ao principio da acción e </...> indica o fin da devandita acción.
  • Por tanto, unha páxina web estará sempre contida entre as etiquetas <HTML> y </HTML>.
  • Por outra banda, todo documento HTML consta de dous partes: a cabeceira (head) e o corpo do documento (body).Xa estamos en condicións de compor a nosa primeira páxina web. Basta con escribir as seguintes etiquetas no noso editor de texto e salvar o resultado coa extensión *.HTML o *.HTM:
    1. A cabeceira contén basicamente información destinada ao browser (ou navegador), que queda oculta ao usuario. A súa etiqueta (pareada) é <HEAD>.
    2. O corpo é o documento que ve o usuario. A súa etiqueta (pareada) é <BODY>.

EXEMPLO 1
<HTML>
  <HEAD>
  </HEAD>
  <BODY>
  </BODY>
</HTML>

Ver resultado

  • Introducín unha pequena "tabulación" á hora de escribir as etiquetas de cabeceira e corpo, simplemente para facilitar a sua compresión gráfica, posto que esta cuestión é totalmente indiferente. O resultado non variaría de colocar as etiquetas de calquera outra maneira. Por exemplo:
EXEMPLO 1: Variantes de escritura
<HTML>
<HEAD>
</HEAD>
<BODY>
</BODY>
</HTML>

<HTML><HEAD></HEAD><BODY></BODY></HTML>

<HTML>
<HEAD></HEAD>
<BODY></BODY>
</HTML>

Ver resultado

  • Esta primeira páxina web está, loxicamente, baleira, pero é perfectamente operativa. Para modificala, basta con modificar os seus códigos no editor de texto. Non fai falta pechar para iso o navegador: unha vez modificado "e salvado" o ficheiro, basta con utilizar o comando Actualizar (ou Refresh) para ver os cambios.
  • Ao visualizar os resultados do Exemplo 1, na barra de título da xanela correspondente só aparece:
    • o nome do navegador (con Netscape)
    • ou a traxectoria completa do arquivo (con Explorer).
    Isto sucede porque o noso documento non posúe un título propio. Para crealo, debemos introducir unha nova etiqueta (pareada) na cabeceira: <TITLE>. A nosa páxina web podería quedar, por tanto, así:
EXEMPLO 2
<HTML>
<HEAD>
<TITLE>Exemplo 2</TITLE>
</HEAD>
<BODY>
</BODY>
</HTML>

Ver resultado

  • Xa sabemos crear o esqueleto dunha páxina web. A seguinte tarefa será aprender a introducir texto (entre os tags <BODY> e </BODY>) e controlar as súas etiquetas elementais.