Programación do mércores 2 de maio

Este III Encontro de intercambio de experiencias educativas. Compartindo Boas prácticas pretende ofrecer a todo o profesorado unha nova oportunidade para mostrar as súas experiencias, recursos, materiais, metodoloxías, extratexias e iniciativas que favorezan a reflexión nun marco de colaboración para a innovación educativa.

Conferencia ininical

Prácticas restaurativas: máis que un modelo de convivencia escolar. Rafael Pérez de Lis Nieto

17:00 - 18:30



“Unha escola21 non é unha escola. Unha escola21 é a escola do Século XXI. A primeira ollada, pode parecer que esta definición non cambia nada. De feito, todas as escolas do presente deberían ser escolas do Século XXI. Con todo, a realidade é que non o son. Están no Século XXI pero non viven o Século XXI, non o experimentan, o seu reloxo institucional parouse. O mundo está cheo de escolas onde profesores e alumnos se comportan doutro xeito, onde as notas teñen outro sentido, os horarios cambian e as aulas e os corredores son o escenario de actuacións completamente novas. Son escolas que medran para lograr mellores resultados. Escolas que se transforman en escolas21."

Comunicación

Boas prácticas - Dúas comunicacións

Prototipo UTM para asistencia sanitaria. CIFP Ánxel Casal - Monte Alto, Eva Fuertes Dopico
Proxecto EMEEEHL - Sensoralia. IES Universidade Laboral, Víctor M. Álvarez Pérez e Manuel Vieites Rodríguez

18:30 - 19:00

<

Realizar un prototipo dunha unidade que permita realizar as emerxencias sanitarias en situacións especiais : núcleos de poboación que duplican ou triplican a súa poboación e carecen dun hospital preto.
A unidade será ecosustentable estará alimentada coas enerxías renovables e elaborada con materiais de construccións axeitados para non afectar ao medio ambiente.
Traballo entre un equipo multidisciplinar: empresa de arquitectura Fuertespenedo, profesores e alumnos do CM Carpintería e moble do CIFP Politécnico de Lugo e profesores e alumnos do CM Emerxencias sanitarias do CIFP Ánxel Casal - Monte Alto.

Comunicación

Neste proxecto 'Equipos de Medición para a Eficiencia Enerxética en Hardware Libre (EMEEHL)' deseñáronse e construíronse dous equipos de medición necesarios para a avaliación da eficiencia enerxética en edificios e industria. Os equipos construíronse empregando hardware e software libre, o que fai que sexan dispositivos de custe asumible para seren reproducidos por calquera centro e que ademais tanto as especificacións, como diagramas de funcionamente e instruccións de fabricación sexan de acceso público. Estes equipos empréganse nas ensinanzas das familias profesionais de 'Enerxía e Auga' e 'Instalación e Mantemento'. O alto custe dos equivalentes comerciais fai que non sempre sexa posible seren adquiridos por todos os centro educativos.
En concreto deseñáronse inicialmente dous equipos de medición para os seguintes parámetros de eficiencia enerxética:
(a) Equipo de medición portátil da transmitancia térmica dunha parede (a transmitancia térmica da unha idea do ben ou mal illados que poidan estar os cerramentos dunha edificación);
(b) Equipo de medición en contínuo dos parámetros de confort e eficiencia enerxética nas aulas (temperatura, humidade, calidade do aire, luminosidade e ruído).
O custe do equipo didáctico de medición portátil da transmitancia térmica está por debaixo dos 200 €, mentres que o equipo comercial equivalente é de ao redor de 1200 € (sen IVE). o Equipo de medición en contínuo de parámetros de confort non ten equivalente comercial.
En todos so currículos dos ciclos formativos das familias profesionais de Enerxía e Auga e de Instalación e Mantemento, están incluídas a medición de parámetros de eficiencia térmica como a transmitancia térmica, a luminosidade, o salto térmico, etc. Nos ciclos da familia de Informática inclúense as capacidades necesarias para desenvolver a programación dos equipos de medición e a presentación dos parámetros medidos. Os resultados deste proxecto tamén se poden empregar en Bacharelato Tecnolóxico, na materia de Robótica.

Comunicación

Tempo para un descanso. Catering

19:00 - 19:30

Comunicacións

Mesas simultáneas de Educación infantil, Educación primaria, Educaión secundaria,  Bacharelato e Formación profesional

19:30 - 21:00