Nesta xornada contamos con dúas actividades moi interesantes.
Por unha parte, a mamá de Julia, de cuarto, cóntanos o conto "El frasco de la melancolía", unha obra do Dr. Eduard Estivill e Montse Doménech, que nos fará reflexionar sobre o sentido da felicidade. Moi atentos!!!
Ademais, os nenos de segundo, preséntannos uns libros desplegables que fixeron a partir do seu conto favorito! Quedan incribles, animádevos a facer o voso!!!
Bo día!
Nesta xornada imos desfrutar de dous marabillosos contos. En primeiro lugar, comezamos con Juan, que nos le ca axuda da súa nai, "O libro dos Porcos" de Anthony Browne. Un conto que nos fará pensar e reflexionar sobre a nosa forma de actuar na casa!!Debemos cambiar algo?
Por outra parte, Marcos, coa axuda do seu pai, deléitanos cunha das obras máis coñecidas do escritor francés Julio Verne "20000 Leguas de viaje submarino". Un clásico que todos debemos coñecer! Moi atentos á lectura e posterior visionado do libro!!!!Interesantísimo!!!
Hoxe é Noa de terceiro quen nos conta un divertidísimo conto titulado "Doña Despistada" de Roger Hsrgreavers. Algún de vós é despistado?? Moi atentos a esta entretida historia!!!
Sabemos que moitos estades inmersos na lectura de marabillosos libros. Para non facer como Doña Despistada e perder a páxina que estades lendo, os nenos de segundo, propóñennos ideas para facer estupendos marcapáxinas!! Botádelle un ollo para coller ideas e realizar o voso!!!
Ademais, explícannos o motivo polo cal o Día do Libro se celebra o 23 de Abril!!Non perdades detalle!
As familias tamén se involucraron para celebrar o Día do Libro. Nesta adaptación do "Lobo e os setes cabritiños" dos irmáns Grimm, Nerea e Leila xunto o seu pai representan este conto tradicional de forma divertida!!
Non vos perdades nin un minuto!!!
Os máis cativos tamén se animan a celebrar este día. A súa tarefa consistía en ler o conto "El Oso Simón", para posteriormente, contalo coas súas palabras!!! Animádevos a ler as diferentes versións!!!
Por fin chegou O Día do Libro!
Fostes moitos os que participastes na actividade que vos propuxemos dende a Biblioteca! E como resultado, este vídeo recopilatorio de todos os libros que estades lendo!! Como vedes, profes e alumnos do Caselles, somos uns grandes lectores!!!
Como xa sabedes estase a piques de celebrar o Día do Libro, para tal acontecemento, dende a biblioteca, propoñémosvos participar na seguinte actividade.
Unha vez que teñades a foto co voso libro enviádea ó seguinte correo: bibliocaselles@gmail.com
Facédeo canto antes!!Pois a data límite para a súa entrega é o 20 de Abril, luns.
Estamos desexando saber que libros estades lendo neste tempo!!!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer