Por fin puidemos celebrar o día do libro tal e como agardabamos! Ao aire libre desfrutando dun roteiro cheo de libros e actividades. Roteiro organizado grazas aos rapaces e rapazas de quinto e sexto curso que xunto cas profesoras do equipo da biblio crearon un circuito configurado por seis estacións que atañen diferentes temáticas en relación aos libros da nosa biblioteca:
-Chefs Caselles (cociña)
-Plantas con flor(Kamishibai)
-Vaia conto! (contos clásicos)
-Monicreques (obradoiro de marionetas)
-Titiriteiros (expresión oral)
-Outras linguas (lingua de signos-alfabeto dactilolóxico)
En cada unha das estacións nomeadas levouse a cabo unha curta actividade de dinamización que rematou cun agasallo final. Como foi unha xornada moi dinámica, subiremos nos próximos días máis artigos para que non perdades detalles. Clica nesta imaxe para ver tódalas fotos.
Este 23 de abril o CEP Pedro Caselles rebosaba de "Sanchos", "Quixotes" e "Dulcineas" grazas ao fotocol que podedes ver na imaxe. Ademais os voluntarios e voluntarias deixaron o centro ambientado en relación a este día, e o certo é que lles quedou marabilloso! Non credes?
Non puidemos realizar os "obradoiros roteiros" por mor do tempo, xa que son ao aire libre, pero esta semana esperamos que o tempo nolo permita. Estamos desexándoo!
Como o prometido é débeda, aquí tedes o museo virtual no cal podedes gozar das obras feitas polos diferentes cursos do centro e ofertada polas voluntarias e voluntarios da biblioteca.
Así mesmo, neste link podedes atopar tódalas fotos que resumen o traballo destes alumnos e alumnas.
https://drive.google.com/drive/folders/1IRe1wJz5c-eAHg8Qq7lekd2Dqr6-S975?usp=sharing
Os voluntarios de 5º e 6º seguen a traballar na Biblioteca. Debido ó gran éxito que tiveron as lecturas e interpretacións pasadas, volveron a realizalas para diferentes grupos ademais de preparar diversas actividades sobre as mesmas. A que sabe a Lúa, Salvaje, Blancanieves y los siete enanitos e El viaje, foron as obras protagonistas nos Momentos Lectores.
Ademais de preparar estas interpretacións os voluntarios centráronse na elaboración do Menú Lector e na realización dun Memori. Este xogo conta cas portadas de diferentes libros que se atopan na exposición relacionada co proxecto E-Comedor.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Dende a biblioteca estamos levando a cabo un proxecto de voluntariado. Alumnos de 5º e 6º, distribuídos por grupos, encárganse das diferentes actividades que se desenvolven no Momento Lector.
Unha destas actividades son as Lecturas Compartidas que están a ter un gran éxito. Os nenos, supervisados por dúas mestras, prepararon ditas lecturas xunto con diferentes actividades.Todas elas do máis motivador e dinámico.
Así, os alumnos de 1º puideron disfrutar do conto A que sabe a Lúa.
Os nenos de 2º escoitaron a lectura do libro Salvaje.
Os compañeiros de 3º disfrutaron do conto Blancanieves y los siete enanitos con representación incluída.
E por último, os alumnos de 4º deleitáronse co libro El viaje.
Para ver todas as imaxes, prema aquí.
Como dicíamos anteriormente, estas actividades están a ter un grandísimo éxito, polo que se repetirán ó longo de Febreiro con outros grupos.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer