Saímos na TVG no día Europeo da Internet Segura!

 A Garda Civil  visitou hoxe o Caselles para dar a coñecer a campaña que está a facer polos colexios para promover un uso seguro das novas tecnoloxías, e aproveitando que o martes é o Día Europeo da Internet Segura, a TVG entrevistou aos nenos e nenas de 5ºEP. 

Nas clases de quinto e sexto de primaria do Caselles, a maioría dos alumnos ten un teléfono móbil. Case todos din que os seus pais os controlan, pero poucos coñecen os riscos aos que se expoñen.

Ademais,  a Garda Civil aconsellou aos nenos e nenas de 6º EP sobre os graves riscos do acoso escolar.

Desde a Garda Civil recomendan que os pais estean pendentes do uso que fan os fillos da Rede. Controlar os xogos que empregan e os contidos das páxinas que visitan axuda a garantir a privacidade e a seguridade dos menores.

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer