Os nenos e nenas de primeiro curso de EP desfrutaron dentro do espazo da biblioteca da clásica película Matilda, rindo a escachar e aprendendo o valor de ser diferentes así como a coñecer non só o que debemos mellorar senón tamén os aspectos positivos de cada un.
Por outra banda, no CEP o alumnado de terceiro e cuarto recibiu a visita do equipo de balomán Mecalia- Atlético Guardés, unha gran sorpresa para todos e todas. O motivo foi darlle visibilidade ao deporte feminino así como ao esforzo e constancia para conseguir o que queres. Esta visita xurdiu da semana da muller, onde o profe Adrián falounos da súa labor como entrenador dun equipo feminino do seu Concello.
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer