Blogues

ADIAMENTO DA RENOVACIÓN DE MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR

RESOLUCIÓN do 22 de outubro de 2020, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional.

Renovación parcial dos membros do CONSELLO ESCOLAR 2020

Segungo a Resolución do 30 de setembro de 2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (DOG 8/10/2020) establécese o calendario para a celebración da elección dos membros do Consello Escolar.

Poden ver a información no documento adxunto.

INSTRUCCIÓNS PARA SOLICITAR BECAS DE COMEDOR NA FANPA PARA O CURSO 2020_21

Aquí poderán ver o documento coas cláusulas para as becas xestionadas pola FANPA para o servizo de comedor.
O prazo para a entrega de documentación será do 5 ao 9 de outubro, resolvemos as persoas becadas o día 15.

INFORMACIÓN SERVIZO DE COMEDOR E MADRUGA. CURSO 2020_21

O servizo de comedor e plan madruga dará comezo o vindeiro luns 5 de outubro.

Lembren que os cambios nas rutinas de entregas do alumnado hai que notificalos no centro. Grazas

INFORMACIÓN DE INTERESE ANPA O MIRADOIRO

Poden consultar información relevante para este curso 2020_21, do ANPA do centro.

IMAXES DAS CANCELAS DE ACCESO

Consulta de cancelas de accesos/saídas para o alumnado.

Aviso Material de 1º e 2º

As familias que xa teñan mercado o material do alumnado poden traelo o día da reunión, quedará no patio enriba duns bancos. O material deberá vir  etiquetado e metido nunha bolsa co nome do alumno/a por fóra. Grazas

Plan de Acollida do CEP Marcos da Portela

As clases comezan o xoves 10 de setembro para o alumnado de 1º, 2º e 3º de primaria. O venres 11 virá todo o alumnado, de 1º a 6º.

 

Instruccións para o curso 2020_21 (Plan de Acollida)

FORMULARIOS DE CENTRO

Os seguintes formularios reflexarán os datos máis relevantes de cada alumno/a de cara ao inicio de curso, é importante que os entreguen debidamente cubertos ao profesorado nas reunións de titoria da vindeira semana. Grazas

 

REUNIÓN DE INICIO DE CURSO 6º NIVEL

AS REUNIÓNS DE 6º REALIZARANSE O VINDEIRO MÉRCORES, DÍA 9, NO SALÓN DE ACTOS E EN DÚAS QUENDAS. 

SÓ PODERÁ ASISTIR UN FAMILIAR POR ALUMNO/A QUE DEBERÁ ENTRAR POLA CANCELA PRINCIPAL COA MÁSCARA OBRIGATORIA, DESINFECTANDO AS MANS NA ENTRADA E RESPECTARANDO AO MÁXIMO AS DISTANCIAS DE SEGURIDADE.

Distribuir contido